20190803 Camilo Canay

O Concello da Baña quixo render homenaxe aos veciños de maior idade que asistiron hoxe a XXVI Festa dos Maiores, motivo polo que o alcalde entregoulles sendos agasallos a Camilo Canay Landeira, da parroquia de Ermida e con 102 anos, e a Carolina Pereiro Romero, de Vilarnovo que xa cumpriu 92 anos.

20190803 Carolina Otero

Jose Antonio Pereira sorprendeu aos dous homenaxeados cando estaban xa sentados para iniciar o xantar que se celebrou na área recreativa Agra de Chans e ao que asistiron 600 veciños e veciñas da Baña para conmemorar a vixésimo sexta edición da Festa do Maiores. Pereira Gil asegurou despois da misa que a intención do equipo de goberno é manter esta festa, e “promover medidas e iniciativas para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e previr situacións de soidade”.

20190803 Asistentes festa maiores baña

A festa comezou coa actuación das Pandereteiras da Baña, que estiveron actuando durante media hora antes de que comezase a misa. Despois, pulpería Veloso encargouse de preparar e servir un menú a base de empanada, pulpo e carne ao caldeiro que saciou os padais más esixentes. A Charanga Os Celtas e Faisca da Pontraga animaron a sobremesa e provocaron que moitos dos asistentes se animasen a bailar e cantar algúns dos temas que tocaron.

Album de fotos no facebook do Concello da Baña (neste enlace)

20190803 Pandeireteiras da Baña