imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 335

Tras rematar o prazo de preinscrición e publicar a listaxe definitiva de persoas admitidas, queda aberto o prazo de matrícula no Punto de Atención á Infancia para o curso 2019-2020. Para levar a cabo a inscrición no centro, os pais/nais/titores do futuro alumnado terán que presentar unha serie de documentos na concellería de cultura do Concello da Baña.

A continuación atópase de forma detallada toda a documentación necesaria para a matrícula:

-Declaración da renda exercicio 2018 do pai e nai. No caso de non estar obrigados a presentala certificación de imputación de rentas (solicítase en facenda)

-Fotocopia tarxeta sanitaria do/a neno/a

-Fotocopia vacinas

-Modelo de domiciliación de recibos (por duplicado)

-Fotocopia do xustificante bancaria do pago da taxa de matrícula

-Autorización da imaxe

-Autorizacion de persoas para recollid

-No caso de que o/a menor teña algún problema de saúde que deba ser coñecido (enfermidades, alerxias...) deberá traer informe do pediatra.

-3 fotografías tamaño carné.

Nos arquivos adxuntos a esta páxina atópanse os modelos de domicializacióm, de autorización de imaxe e recollida e de xustificación bancaria (domiciliación de recibos e pago de taxas).

O prazo de matrícula é do 15 ao 19 de xullo. Para máis información sobre o procedemento, funcionamento ou outras dúbidas do Punto de Atención á Infancia, poden enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou achegarse á casa da cultura de San Vicente en horario de 9 a 14 horas.