imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 1083

Cartel da XXV Festa dos Maiores

O vindeiro sábado 4 de agosto celebramos na Baña a XXV Festa dos Maiores, un encontro que terá lugar na área recreativa Agra de Chans a partir da unha do mediodía.

Para participar, é preciso ter polo menos 55 anos cumpridos e estar empadroado/a no Concello da Baña. Ademais, o día da festa será imprescindible presentar o DNI xunto coa invitación.

O programa da festa comeza á unha do mediodía coa animación a cargo da agrupación musical Tíralle do Aire. Á unha e media celebrarase unha misa e, a continuación, comezará o xantar veciñal. A seguir, soará novamente a música de Tíralle do Aire e, xa ás cinco da tarde, o grupo Los Casineros presentará o seu espectáculo Sarabanda. O final de festa está previsto para as seis e media.

A XXV Festa dos Maiores está organizada polo Concello da Baña e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.