imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 930

 

Todas as persoas beneficiarias do Bono Social Eléctrico poden recibir tamén o Bono Social Térmico como axuda dos gastos ocasionados pola calefacción, a auga quente ou a cociña. O seu outorgamento é automático, pero estanse detectando casos nos que a falta de datos (número de conta e/ou DNI) impide que chegue ás persoas interesadas.

As persoas beneficiarias poden facilitar eses datos ata o 23 de novembro cubrindo este 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐮𝐥𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐞𝐥𝐞𝐜𝐭𝐫𝐨́𝐧𝐢𝐜𝐨 (preme aquí) ao que accederán co DNI e o código que lles mandaron por carta á casa. No caso de non dispór de medios para cubrilo, tamén poden dirixirse aos servizos sociais do Concello

O Bono Social Térmico é un programa destinado aos consumidores máis vulnerables para axudarlles a compensar os gastos económicos derivados do uso da calefacción e a auga quente ou a cociña. Xestiónao o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e está financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Son beneficiarias do Bono Social Térmico 2020 todas aquelas persoas que recibiran o Bono Social Eléctrico a 31 de decembro de 2019 e tamén as que, cumprindo os requisitos establecidos, o solicitaron antes desa data.

En Galicia, concedéronselle estas axudas a un total de 87.076 persoas. Pero delas, a 12.868 non se lles pode efectuar o pagamento ao non ter facilitado un número de conta para o ingreso ou os datos do DNI.

Por iso, o INEGA realiza un chamamento para que esas persoas acheguen a información precisa cubrindo un formulario no enderezo https://appsinega.xunta.es/bonosocialtermico, ao que poderán acceder co número de DNI e máis o código que se lle enviu por carta á casa. No caso de non contar cos medios electrónicos precisos, os empadroados na Baña tamén poden dirixirse aos servizos sociais do Concello. 

Para obter máis información sobre o Bono Térmico, pódese acceder á web do Inega

http://inega.xunta.gal ou chamar ao teléfono 881 55 49 13 en horario de 9:00 a 19:00 horas.