imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 344

20200827 aviso cancelacion campamentoO Concello da Baña cancela o campamento urbano da primeira semana de setembro de 2020, que tiña programado para favorecer a conciliación familiar, debido aos casos de covid-19 detectados ultimamente no termo municipal. A pesar de que as persoas afectadas se atopan illadas e cumprindo cos protocolos establecidos, é necesario, máis que nunca, extremar as precaucións: uso obrigatorio da máscara,
lavar as mans con frecuencia, manter a distancia social e evitar as reunións multitudinarias.

Ante a aparición de varios casos positivos no municipio, o Concello xa decidira o pasado luns, 24 de agosto, suspender todas as actividades culturais programadas ata novo aviso.

Desde o Concello lémbrase unha vez máis que os principais síntomas da covid-19 son febre, tose seca, malestar xeral e dificultade para respirar. O teléfono de consulta é o 900 400 116. De tratarse dun caso grave, cómpre chamar o 061. Para máis información sobre o coronavirus pódese consultar a web coronavirus.sergas.es.