imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 226

20200731 clausura xullo campamento urbano2

Co espectáculo ‘A casa do terror’, da Banda do Verán de Xoán Curiel, o Concello da Baña despediu hoxe pola mañá a primeira quenda do campamento urbano que se celebrou na área recreativa Agra de Chans durante o mes de xullo, para favorecer de conciliación familiar e laboral.

Durante estas catro semanas, no campamento participaron uns corenta nenas e nenos de todas as idades, que tiveron a oportunidade de facer un percorrido para coñecer a historia da humanidade. Durante a primeira quincena de xullo aprenderon como vestían, comían e vivían os homes e mulleres da Prehistoria e tamén da época dos faraóns de Exipto. 

Despois coñeceron un pouco máis sobre Grecia, disfrazáronse de gregos e mesmo fixeron unha excursión a Cabana de Bergatiños para visitar o dolmen de Dombate e o castro de Borneiro para acabar o día na praia de Neaño, onde puideron estrearse como piragüístas. 

Esta actividade de conciliación continúa tamén durante o mes de agosto.

 20200731 clausura xullo campamento urbano1