imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 873

20200715 suspendida festa maiores 2020

O alcalde da Baña asinou hoxe un bando no que fai pública a decisión de suspende ra Festa dos Maiores prevista para o mes de agosto, debido a pandemia da covid-19, para  preservar a seguridade dun colectivo tan vulnerable na situación de risco sanitario na que nos atopamos.

José Antonio Pereira fai mención no mesmo bando ás recomendacións das autoridades sanitarias de non celebrar este ano as habituais festas e verbenas, “debido a que se pode xerar un maior risco de propagación” da covid-19.

En caso de querer celebrar estas festas e verbenas, o alcalde recorda as medidas específicas que establece a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Segundo estas normas, no caso das verbenas, “é importante acoutar o espazo destinado ao evento para poder controlar o aforo, facilitar o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída do recinto e permitir o cumprimento das distancias mínimas de seguridade interpersoal”.

O alcalde “apela á responsabilidade cidadá” e agradece a colaboración de toda a veciñanza para axudar a cumprir con todas as medidas preventivas necesarias para evitar a transmisión dunha enfermidade tan contaxiosa como a da coronavirus.