imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 408

20200609 temposmulleresO Concello da Baña retoma o proxecto Tempos de mulleres, un ciclo de actividades que se desenvolverá a partir do 7 de xullo no centro social e da terceira idade. O principal obxectivo deste obradoiro, que inicialmente estaba previsto celebrar de abril a xuño, é aprender a ver e experimentar as conexións entre o corpo físico, a mente e as emocións.

Tempos de mulleres conta con 20 prazas dirixidas a mulleres maiores de 18 anos. Para participar é preciso inscribirse con antelación. O ciclo desenvolverase en sete sesións de 4 horas de duración, os martes e venres entre as 9.30 e as 13.30 horas, no local municipal situado no primeiro andar do centro social e da terceira idade. Coa finalidade de fomentar o benestar e o autocoñecemento, realizaranse actividades de xogo, movemento, animación, expresión libre, creatividade, música e relaxación.

Tempos de mulleres está organizado polo Concello da Baña, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdade.

Attachments:
Download this file (20200609_Cartel_Tempos_de_mulleres.pdf)Cartel Tempos de mulleres[Cartel Tempos de mulleres]561 kB
Download this file (20200609_Inscrición_Tempos_de_mulleres.doc)Ficha de inscrición Tempos de mulleres[Ficha de inscrición Tempos de mulleres]1008 kB