20191122 Relevo24nABaña 2Doce mulleres e un home serán os remudistas da Baña que este domingo participarán na marcha reivindicativa por remudas que percorrerá cinco concellos para visibilizar e levar unha luz de esperanza contra a violencia de xénero. ‘Nunca Camiñarás soa’ é unha marcha non competitiva e reivindicativa, que, a través de remudas, unirá os territorios dos concellos de Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos. Nun percorrido duns 100 km levarán ‘a luz da esperanza’ para superar a escuridade da violencia de xénero, simbolizada nun facho de lume, similar ao facho olímpico que percorría a antiga Grecia para anunciar tempos de paz para os Xogos Olímpicos.
No seu percorrido de 22,4 km polo Concello da Baña está previsto que sobre as 10.30 horas M.G.B recolla o facho en Paramos, para facer o tramo ata Cabanas, once llo entregará a M.P.L. e A.S.S. Os seguintes remudistas na Baña serán os seguintes, entre paréntese figura o tramo: A.P.C (Cabanas-Cabanas), A.P.C. (Cabanas-Lañas), D.L. (Lañas-Lañas), P.P.L. (Lañas-Lañas), A.B.S. (Lañas-O Barro), E.V. ( O Barro-O Barro), M.J.F.V. (O Barro-O Barro), A.T.B. (O Barro-A Baña), E.L.I. ( A Baña-A Baña), B. M. ( A Baña-Monte), C.M. (Monte- Portor). 
As participantes nesta marcha farán a pé (ou correndo) o tramo entre Paramos e San Vicenzo. Diante da casa consistorial, sobre as 11.30 horas (vai depender da velocidade das participantes) acenderase un peveteiro que durante o 24 e todo o día 25 vai estar nos cinco concellos alumeando a saída á violencia de xénero. Despois lerase un manifesto institucional e, ao rematar, faranse as dúas últimas remudas, neste caso en bicicleta, ata entregar o facho en Ponte Maceira, no límite co Concello de Negreira. Dende aquí continuará por este municipio e por Mazaricos, para volver a Santa Comba, onde está previsto que o facho chegue sobre as 19.00 horas diante da casa consistorial como fin da xornada.
No caso da Baña, aquelas persoas que desexen participar nesta iniciativa poderán acompañar as remudas polos diferentes puntos do percorrido, e sumarse ao acto institucional na Praza do Concello.

Reunión coas remudistas o domingo

O domingo ás 09.30 horas na casa consistorial, a concelleira de Cultura, Mónica González, e persoal do Concello da Baña, manterán unha reunión coas remudistas para concretar os últimos detalles e para entregarlles as camisetas conmemorativas da iniciativa.