20191020 Cartel Revolta FB

A carballeira do Seilán acollerá o domingo 20 de outubro a terceira edición do Feirón e Romaría de Re-Volta, unha celebración coa que se quere recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta do século pasado. Este ano a troula contará cun entorno renovado despois de que o Concello eliminara o antigo palco por petición popular. As actividades, que inclúen música, mercadiño, demostración de oficios, catas e propostas culturais, comezarán ás 11 da mañá, como nas edicións anteriores.

O evento está organizado polo Concello da Baña e conta coa colaboración coa Deputación da Coruña. Desde pola mañá haberá postos de venda e exposición de produtos de época, ademais de mostras de oficios. Durante a xornada haberá diferentes postos de comida típica galega e unha exposición fotográfica con imaxes antigas facilitadas pola veciñanza.

A música comeza xa ás 12 do mediodía, coa actuación da Requinta da Laxeira, agrupación de música tradicional que está a celebrar os seus 15 anos traballando para recuperar a requinta, instrumento característico da zona da Ulla. Pola tarde será o turno do Mago Teto e o seu espectáculo ‘O Afiador’, que a partir das 16.00 horas animará a tarde cos seus trucos. Ás 17.30 horas Os Campantes da Baña continuarán coa música para sacar a todos os veciños e veciñas a bailar ata que o corpo aguante.Carballeira Seilan web

20 de setembro de 2019

Fanse públicas as puntuacións totais da selección de participantes para as prazas de alumnado, equipa directiva e docente do obradoiro de emprego Xóvenes 2019 promovido polo Concello de Val do Dubra e conveniado cos concellos de Negreira, Santa Comba e A Baña.

O prazo de reclamacións será os días 23 e 24 de setembro, en calquera dos catro concellos participantes, de 9.00 a 14.00 horas.

Os documentos pódense consultar nos arquivos adxuntos.

 

18 de setembro de 2019

Faise público o resultado das entrevistas ao equipo directivo e docente do obradoiro de emprego Xóvenes 2019 promovido polo Concello de Val do Dubra e conveniado cos concellos de Negreira, Santa Comba e A Baña.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto.

 

16 de setembro de 2019

Faise público o resultado da entrevista de preselección de alumnado para realizar o obradoiro de emprego Xóvenes 2019 promovido polo Concello de Val do Dubra e conveniado cos concellos de Negreira, Santa Comba e A Baña.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto. 

 

26 de agosto de 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concedeulles unha subvención aos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra para a posta en marcha do Obradoiro de emprego “XÓVENES2019” para formar a 16 persoas durante seis meses.

Os módulos formativos que se van impartir son:

  • Agricultura ecolóxica de nivel 2
  • Animación físico-deportiva e recreativa de nivel 3

As persoas beneficiarias son xente moza de dezaoito ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa no momento da selección do alumnado (trinta) inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da CC.AA. de Galicia.

A sede do obradoiro estará no Concello de Val do Dubra, que actúa como concello promotor.

Os interesados en participar deberán mandar un mail á Oficina de Emprego Santiago-Norte (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) hoxe día 10 de setembro ou mañán 11 de setembro de 2019 dicindo que cumpren os requisitos e que queren participar no proceso de selección do obradoiro. As entrevistas terán lugar o venres 13 de setembro de 2019. 

Attachments:
Download this file (20190916_resultado_entrevista_Xovenes2019.pdf)20190916_Resultado_entrevista_obradoiro_'Xovenes2019'[20190916_Resultado_entrevista_obradoiro_'Xovenes2019']340 kB
Download this file (20190918_resultado_entrevista_docentes.pdf)20190918_resultado_entrevista_equipo_docente_directivo[20190918_resultado_entrevista_equipo_docente_directivo]377 kB
Download this file (20190920_puntuacions_provisionais_alumnado.pdf)20190920_puntuacions_provisionais_alumnado_oe_xovenes2019[20190920_puntuacions_provisionais_alumnado_oe_xovenes2019]651 kB
Download this file (20190920_puntuacions_provisionais_equipa_directiva_docente.pdf)20190920_puntuacions_provisionais_equipa_docente_oe_xovenes2019[20190920_puntuacions_provisionais_equipa_docente_oe_xovenes2019]1558 kB
Download this file (BASES OBRADOIRO XOVENES2019 DEFINITIVAS.pdf)20190826_Bases_Obradoiro_Emprego_Xovenes2019[ ]1100 kB

20190807 FOLLETO PLAN FORMACIÓN CONSERVASO GDR Terras de Compostela, no marco da medida Leader 2014-2020, organiza un plan de formación sobre Transformación e Conservación de Productos Agrarios durante os días 3, 5, 12, 17, 19, 24 e 26 de setembro no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño (Rúa Virxe de Fátima, 2, 15570, Santiago de Compostela).

A actividade desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas e é necesaria a inscrición previa. Os interesados poden anotarse enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou chamando ao 981 81 83 57.

20190903 Paso Vaca Baña

O Concello da Baña inaugurou hoxe o seu primeiro paso de vaca permanente apoiando así a iniciativa da Casa Grande de Xanceda que ten como obxectivo reivindicar a figura deste animal e da industria leiteira en Galicia, dado que son fundamentais para a riqueza e o emprego no rural, xunto coa figura da vaca como icona da nosa paisaxe. Ademais da Baña, hoxe tamén inauguraron pasos de vacas permanentes os concellos de Mazaricos, Mesía e Santa Comba, catro municipios fortemente relacionados co sector leiteiro, que amplían unha proposta que comezou o ano pasado no centro da Coruña.

20190903 RP Paso vacaO alcalde da Baña, José Antonio Pereira, asegurou na rolda de prensa realizada esta mañá que “o sector leiteiro achega riqueza e axuda a desenvolver o rural. Iniciativas como o paso de vaca son fundamentais para reivindicalo e poñelo en valor”. Na presentación de hoxe na Casa Grande de Xanceda, o alcalde de Santa Comba, David Barbeira, asegurou que iniciativas como esta son moi necesarias xa que axudan “a que o rural non sexa abandonado”. Para Juan Blanco, alcalde de Mazaricos, supón un honor ser dos primeiros concellos en sumarse ao paso de vaca e agarda que sexan moitos máis os que apoien esta iniciativa.

Galicia é a maior produtora de leite en España e está entre as 10 primeiras da Unión Europea. Con todo, actualmente atravesa momentos delicados debido á baixada dos prezos e do consumo de produtos lácteos. Polo tanto, segue sendo unha boa ocasión para defender o sector lácteo, a vaca e a súa relevancia en Galicia.

Dende Casa Grande de Xanceda queren seguir impulsando esta iniciativa que tanto éxito tivo no 2018 coa inauguración do primeiro paso de vaca permanente no centro da Coruña e da que se fixeron eco tanto medios nacionais como no resto de Europa e incluso en América, informan os promotores. Unha maneira de reivindicar o rural galego e o sector leiteiro, que segue atravesando unha situación preocupante con variacións de prezos e unha diminución constante do consumo de produtos lácteos, o que afecta ás máis de 8.000 familias galegas que viven del. Galicia sofre un gran despoboamento, situación que se estende por todo o territorio rural español. O paso de vaca é unha chamada de atención para que na nosa cesta da compra escollamos produtos locais, que son os que axudan a manter vivo o noso rural. 

20190903 RP Paso vaca 16

Mércores, 17 de xullo de 2019.

Fanse públicos os resultados finais do proceso de contratación, en réxime de persoal laboral temporal, dun capataz, un peón condutor e tres peóns para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2019.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

  

Venres, 12 de xullo de 2019.

Faise pública a listaxe de persoas que superaron a proba escrita do proceso de selección de persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

O Tribunal de Selección convoca ás persoas que figuran na listaxe o vindeiro martes 16 de xullo ás 9.30 horas na casa do Concello para levar a cabo a fase de entrevista.

O documento pódese consultar nos arquivos adxuntos a esta páxina.

 

Mércores, 10 de xullo de 2019.

Faise pública a listaxe de admitidos no proceso de selección para a contratación laboral de cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

 

Sábado, 29 de xuño de 2019.

Faise público o anuncio e as bases para a provisión, en réxime de persoal laboral temporal, dun capataz, un peón condutor e tres peóns para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2019.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 9 de xullo

Nos documentos adxuntos pódense consultar as bases e descargar a instancia para presentar as solicitudes.

 

Attachments:
Download this file (20190629_anuncio_brigada_incendios.jpg.pdf)20190629_Anuncio_contratacion_brigada_incendios_forestais[20190629_Anuncio_contratacion_brigada_incendios_forestais]246 kB
Download this file (20190629_Bases_brigadas_incendios_forestais.pdf)20190629_bases_contratacion_brigada_incendios_forestais[20190629_bases_contratacion_brigada_incendios_forestais]113 kB
Download this file (20190629_SOLICITUDE PEÓN CONDUTOR.pdf)20190629_Instancia_solicitude_condutor[20190629_Instancia_solicitude_condutor]70 kB
Download this file (20190629_SOLICITUDE PEÓN.pdf)20190629_Instancia_solicitude_peon[20190629_Instancia_solicitude_peon]70 kB
Download this file (20190629_SOLICITUDE XEFE BRIGADA.pdf)20190629_Instancia_solicitude_xefe_brigada[20190629_Instancia_solicitude_xefe_brigada]70 kB
Download this file (20190710_Listaxe_admitidos_brigada_incendios.pdf)20190710_Listaxe_admitidos_brigada_incendios[20190710_Listaxe_admitidos_brigada_incendios]791 kB
Download this file (20190712_Listaxe_Persoas_Proba_Escrita.pdf)20190712_Listaxe_proba_escrita[20190712_Listaxe_proba_escrita]418 kB
Download this file (20190717_Listaxe_Resultados_Finais_Brigada_Incendios.pdf)20190717_Listaxe_Resultados_Finais_Brigada_Incendios[20190717_Listaxe_Resultados_Finais_Brigada_Incendios]485 kB