10 de outubro de 2020

O Concello da Baña procedeu á contratación o 5 de agosto de 2020 das seguintes persoas para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello da Baña.

  • Capataz: Raúl Guardado Porto
  • Peón condutor: Marcos Agra Rial
  • Peóns: Joaquín Cuns Santos, Adrián Arias Pereira e Pablo Gómez Nogueira.

Respecto á praza de capataz, o secretario-interventor do Concello da Baña emitiu un informe con data de 21 de agosto no que sinala que a contratación por vía de urxencia de Raúl Guardado Porto efectuouse a proposta da Secretaría-Intervención do Concello da Baña, logo de comprobar que a súa titulación e formación cumprían os requisitos esixidos.

No mesmo informe, o secretario sinala que a persoa que resultou elixida no proceso selectivo, Pablo Negreira Dacunha, renunciou ao posto de traballo por ser contratado polo. SEAGA para a campaña de incendios do verán de 2020.

Así mesmo sinala que chamadas as tres persoas que superaron o proceso selectivo e figuraban na bolsa de contratación, todas elas comunican que estaban traballando ao servizo doutras administración públicas na campaña de incendios do verán 2020 e non podían incorporarse esta tempada ao Concello da Baña.

O informe da secretaría tamén fai constar que o aspirante Iván Silva Ferrín non foi chamado porque non se presentou ao proceso selectivo e non achegou a xustificación de contar coa titulación necesaria para a súa contratación como xefe de brigada.

 

21 de xullo de 2020

Faise pública a resolución da alcaldía que aproba a lista definitiva de admitidos e excluídos para participar no proceso selectivo dun capataz, un peón condutor e tres peóns da brigada de incendios foestais no Concello da Baña, así como a data e o horario da celebración das probas.

A resolución e o listado pódese consultar no documento adxunto.

 

15 de xullo de 2020

Faise pública a resolución da alcaldía que aproba a lista provisional de admitidos e excluídos para participar no proceso selectivo dun capataz, un peón condutor e tres peóns da brigada de incendios foestais no Concello da Baña.

Establecerase o prazo para reclamacións ata o 17 de xullo de 2020 ás 13:00 horas.

A resolución e o listado pódese consultar no documento adxunto.

 

 

16 de xuño de 2020

Publícanse no Boletín Oficial da Provincia do 16 de xuño de 2020 as bases de selección para a contratación dunha brigada de 5 operarios (1 xefe de brigada-capataz; 1 peón condutor e 3 peóns de brigada) para a prevención e defensa contra incendios forestais no Concello da Baña e creación dunha bolsa de contratación e persoal laboral temporal de capaces, peóns condutores e peóns para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello da Baña.

Poden consultarse neste enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/06/16/2020_0000003606.pdf

Attachments:
Download this file (20200715_Listado_admitidos_Excluidos_Brigada_incendios.pdf)20200715_Listado_admitidos_Excluidos_Brigada_incendios[20200715_Listado_admitidos_Excluidos_Brigada_incendios]104 kB
Download this file (20200721_lista_definitiva_admitidos_brigada_incendios.pdf)20200721_lista_definitiva_admitidos_brigada_incendios[20200721_lista_definitiva_admitidos_brigada_incendios]88 kB

20200930 Mocidade 02A Casa da Cultura de Negreira acolleu hoxe, 30 de setembro, a presentación do programa de emprego Mocidade 2020, promovido polo Concello de Negreira coa colaboración dos municipios da Baña, Santa Comba e Val do Dubra.

Un total de 16 mozos e mozas menores de 30 anos formaranse durante un período dun ano, nas especialidades de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e na de fábricas de albanelería. O proxecto conta cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, que ascende a 369.492,32 euros.

No acto de presentación de Mocidade 2020 interviron o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis; o rexedor da Baña, José Antonio Pereira Gil; e o alcalde de Santa Comba, David Barbeira. Tamén participou a directora de Mocidade 2020, Alicia Blanco Sande, así como a axente de Desenvolvento Local do Concello de Negreira, Sonia Ponte Esturao.

 

 

20200930 Mocidade 03 

Venres, 18 de setembro de 2020

Faise pública a resolución da alcaodía pola que se anuncia a contratación dunha técnico superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade segundo orde de chamamentos de bolsa de contratación do PUnto de Atención á Infancia (PAI), no Concello da Baña.

A contratación prodúcese tras quedar vacante a praza o 17 de s etembro.

A resolución da alcaldía pódese consultar no documento adxunto.

 

Xoves, 3 de setembro de 2020

Faise público o decreto da alcaldía polo que se anuncia a contratación dunha técnico superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade e creación de bolsa de emprego no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.

O decreto pódese consultar no documento adxunto.

 

Mércores, 2 de setembro de 2020

Faise pública a puntuación das candidatas que superaron o proceso seletictivo para a selección e nomeamento como persoal laboral temporal dun/dunha técnico/a superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade e creación de bolsa de emprego no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.

As puntuacións pódense comprobar no documento adxunto.

 

20200306 PAI Baña

Venres, 28 de agosto de 2020

Faise pública a orde de lectura do exercicio no proceso para a selección e nomeamento como persoal laboral temporal dun/dunha técnico/a superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade e creación de bolsa de emprego no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.

Nota: As iniciais que aparecen nesta lista correspóndense a NOME e APELIDOS, por esta orde.

  • Venres 28, a partir das 12.00 horas:
    De A.A.A. ****9628J
    Ata R.M.F.G. ****6173N
  • Venres 28, a partir das 16.00 horas:
    De N.F.V. ****7927V
    Ata V.P.R. ****0975A
  • Luns 31, a partir das 9.30 horas:
    De A.P.G. ****4060Z
    Ata M.D.V.A. ****8966R

 

Mércores, 26 de agosto de 2020

Faise pública a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista definitiva, determínase a composición do tribunal e fíxase a data do exame para a selección e nomeamento como persoal laboral temporal dun/dunha técnico/a superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade e creación de bolsa de emprego no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.

Comunícase que a proba práctica se realizará o venres 28 de agosto de 2020 ás 9.00 horas no pavillón municipal sito en rúa do Colexio s/n. Rematada a proba práctica, os/as aspirantes procederán á lectura do exercicio realizado de acordo coa orde de actuación que decida o tribunal e continuarase, de ser necesario, o luns 31 de agosto ás 9.00 horas. Os/as aspirantes deberán concorrer provistos/as do seu DNI e máscara e respectarán as medidas que se indiquen para garantir a seguridade e o distanciamento social recomendadas polas autoridades sanitarias por mor da crise da covid-19.

Nos documentos adxuntos pódese consultar a resolución da alcaldía coa lista definitiva, a composición do tribunal cualificador e a data do exame, así como a dilixencia de corrección de erro ao respecto da lectura do exercicio.

 

Martes, 18 de agosto de 2020

Faise pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para contratar en réxime de persoal laboral temporal a un/unha técnico/a superior de educación infantil para cubrir unha baixa de maternidade e creación de bolsa de emprego no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.

Pode consultar a lista no documento adxunto a esta nova.

 

Venres, 7 de agosto de 2020

Fanse públicas as bases do proceso de selección e nomeamento como persoal laboral temporal dun/dunha técnico/a superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade, ao tempo que crea unha bolsa de emprego vencellada ao Punto de Atención á Infancia

(PAI) da Baña.

As solicitudes poderán presentarse ata o 17 de agosto de 2020.

As bases pódense consultar no documento adxunto.

Attachments:
Download this file (20200807_Bases_contratacion_PAI.pdf)20200807_Bases_contratacion_PAIBaña[20200807_Bases_contratacion_PAIBaña]125 kB
Download this file (20200807_PAI_modelo_solicitude.pdf)20200807_modelo_solicitude_PAI[20200807_modelo_solicitude_PAI]26 kB
Download this file (20200826_Dilixencia_correcion_de_erro_PAI.pdf)20200826_Dilixencia_correcion_de_erro_PAI[20200826_Dilixencia_correcion_de_erro_PAI]64 kB
Download this file (20200826_Resolución_lista_definitiva_PAI.pdf)20200826_Resolucion_lista_definitiva_PAI[20200826_Resolucion_lista_definitiva_PAI]62 kB
Download this file (20200902_Puntuacion_candidatas_PAI_Baña.pdf)20200902_Puntuacion_candidatas_PAI_Baña[20200902_Puntuacion_candidatas_PAI_Baña]1016 kB
Download this file (20200903_contratacion_PAI_baña_bolsa_emprego.pdf)20200903_contratacion_tecnico_PAI_Baña[20200903_contratacion_tecnico_PAI_Baña]50 kB
Download this file (20200918_contratacion_tecnico_PAI_Bana.pdf)20200918_Contratacion_Tecnico_PAI_Baña[20200918_Contratacion_Tecnico_PAI_Baña]53 kB
Download this file (LISTAXE LISTA PROVISIONAL PAI_signed.pdf)20200818_Listaxe_provisional_PAI[20200818_Listaxe_provisional_PAI]147 kB

Venres, 25 de setembro de 2020

Faise pública a listaxe final dos alumnos/as-traballadores/as e listaxe e reservas por módulos formativos para o programa de emprego Mocidade 2020.

O listado pódese consultar no documento adxunto.

 

Mércores, 16 de setembro de 2020

Fanse públicos os listados coa puntuación definitiva do alumnado-traballador e do persoal docente para o Programa de emprego Mocidade 2020.

Os listados pódense consultar nos documentos adxuntos.

 

Venres, 11 de setembro de 2020

Faixe pública a listaxe provisional coa varemación dos méritos alegados polo alumnos/traballadores para o Programa de emprego Mocidade 2020.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

 

Xoves, 10 de setembro de 2020

Fanse pública as puntuacións provisionais dos participantes na oferta de emprego para persoal docende e administrativo do programa de emprego Mocidade 2020.

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as puntuacións dos aspirantes ao posto de director, titor, mestre de xardinería, emtre albaneleria e administrativo.

 

Martes, 8 de setembro de 2020

Faise pública as puntuacións da entrevista de preselección do alumnado/traballador procedente dos concellos de Santa Comba e Val do Dubra para o programa de emprego Mocidade 2020.

O resultado da entrevista pódese consultar no documento adxunto.

 

Venres, 4 de setembro de 2020

Faise pública as puntuaciones da entrevista de preselección do alumnado/traballador procedente dos concellos da Baña e Negreira para o programa de emprego Mocidade 2020.

O resultado da entrevista pódese consultar no documento adxunto.

 

Xoves, 3 de setembro de 2020

Fanse públicas as puntuacións da entrevista dos candidatos/as seleccionados/as para o Programa de emprego Mocidade 2020 para os postos de mestre/a especialidade de fábricas de albañilería e de mestre/a especialidade de actividades auxiliares en viveiros, parques e xardíns.

As puntuacións pódense consultar nos documentos adxuntos.

 

 

Mércores, 2 de setembro de 2020

Fanse públicas as puntuacións da entrevista dos candidatos/as seleccionados/as para o Programa de emprego Mocidade 2020 para os postos de director/a, titor/a e técnico/a en xestión administrativo/a.

As puntuacións pódense consultar nos documentos adxuntos.

 

Mércores 12 de agosto de 2020 (actualización)

 

Advertidos erros nas bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal directivo, docente e administrativo de apoio ao Programa de emprego Mocidade 2020, con posterioridade á súa aprobación, e tras consultar coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, considérase necesaria a aprobación dunha nova versión das mesmas, corrixida e actualizada.

As bases elaboradas polo grupo de traballo mixto figuran no documento anexo a esta nova.

 

Mozos da Baña inscritos no Sistema de garantía xuvenil poden optar ao Programa de emprego mocidade 2020 (29/07/2020)

Mozos e mozas en situación de desemprego e inscritos no Sistema de garantía xuvenil poderán optar ao Programa de emprego Mocidade 2020 para formarse durante doce meses en albanelería e actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería. Para poder ser seleccionados teñen que estar inscritos na oficina de emprego Santiago Norte demandando participar en escolas taller, casas de oficios, taller de emprego ou outros programa de emprego e formación dual.

As bases para a selección de alumnado e de persoal directivo e docente pódense consultar no documento adxunto.

O Concello de Negreira como promotor do ‘Programa de emprego mocidade 2020’, xunto cos Concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra, é beneficiario dunha subvención por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización dun programa de emprego para as persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Neste programa de emprego poderán participar 16 alumnos/as traballadores/as. 8 participantes formaranse na especialidade de  fábricas de albanelería (EOCB0108); e outros 8 na especialidade de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (AGAO0108).

Este Programa de emprego terá unha duración de 12 meses, e a preselección de alumnos/traballadores farase na oficina de emprego Santiago Norte. Poderán ser preseleccionados aqueles mozos e mozas que xa están inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que  demanden algún dos seguintes servizos: escolas taller (código 320), casa de oficios(330), taller de emprego (340), ou outros programas de emprego de formación dual (370). 

As persoas interesadas en participar no obradoiro e que non estean inscritas nos devanditos códigos poden anotarse dirixíndose á citada oficina a través das seguintes canles:

Quen aínda non estea inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil poderá  facelo dirixíndose á citada oficina a través das seguintes canles:

As persoas interesadas en participar no 'Programa de Emprego Mocidade 2020' como persoal directivo, docente ou administrativo de apoio terán que figurar na oficina de emprego solicitando esas ocupación ou anotarse nas mesmas ata o día 06 de agosto de 2020 (incluído). Poden pedir cita previa na oficina de emprego neste enlace.

Para máis información sobre este proceso poñánse en contacto coa oficina de emprego Santiago Norte (dirección, horarios e teléfono neste enlace).

 

Attachments:
Download this file (20200902_Puntuacion_Director.pdf)20200902_puntuacions_director[20200902_puntuacions_director]466 kB
Download this file (20200902_Puntuación_Administrativo.pdf)20200902_puntuacions_administrativo[20200902_puntuacions_administrativo]453 kB
Download this file (20200902_Puntuación_titor.pdf)20200902_puntuacions_titor[20200902_puntuacions_titor]415 kB
Download this file (20200903_Puntuacion_mestre_albanel.pdf)20200903_puntuacion_mestre_albanel[20200903_puntuacion_mestre_albanel]430 kB
Download this file (20200903_Puntuacion_mestre_xardins.pdf)20200903_puntuacion_mestre_parques_xardins[20200903_puntuacion_mestre_parques_xardins]427 kB
Download this file (20200904_puntuacións_entrevista_Mocidade2020.pdf)20200904_puntuacion_entrevista_alumnado_Mocidade2020[20200904_puntuacion_entrevista_alumnado_Mocidade2020]381 kB
Download this file (20200908_resultadose_entrevista_StaCombaVDubra.pdf)20200908_Resultado_entrevista_alumnado_Mocidade2020[20200908_Resultado_entrevista_alumnado_Mocidade2020]291 kB
Download this file (20200910_ListaxeProvisional_administrativo.pdf)20200910_listaxe_provisional_Administrativo[20200910_listaxe_provisional_Administrativo]552 kB
Download this file (20200910_ListaxeProvisional_DIRECTOR.pdf)20200910_listaxe_provisional_director[20200910_listaxe_provisional_director]552 kB
Download this file (20200910_ListaxeProvisional_mestreXARDINERIA.pdf)20200910_listaxe_provisional_MestreXardineria[20200910_listaxe_provisional_MestreXardineria]560 kB
Download this file (20200910_ListaxeProvisional_TITOR.pdf)20200910_listaxe_provisional_titor[20200910_listaxe_provisional_titor]515 kB
Download this file (20200910_ListaxeProvisonal_mestreALBANELERIA.pdf)20200910_listaxe_provisional_MestraAlbaneleria[20200910_listaxe_provisional_MestraAlbaneleria]561 kB
Download this file (20200911_Preseleccionalumnos_traballadores.pdf)20200911_listado_provisional_meritos_alumnado[20200911_listado_provisional_meritos_alumnado]828 kB
Download this file (20200916_listaxe_def_administrativo.pdf)20200916_listaxe_def_administrativo[20200916_listaxe_def_administrativo]495 kB
Download this file (20200916_listaxe_def_albaneleria.pdf)20200916_listaxe_def_albaneleria[20200916_listaxe_def_albaneleria]474 kB
Download this file (20200916_listaxe_def_alumnado.pdf)20200916_listaxe_def_alumnado[20200916_listaxe_def_alumnado]1426 kB
Download this file (20200916_listaxe_def_director.pdf)20200916_listaxe_def_director[20200916_listaxe_def_director]500 kB
Download this file (20200916_listaxe_def_titor.pdf)20200916_listaxe_def_titor[20200916_listaxe_def_titor]469 kB
Download this file (20200916_listaxe_def_xardineria.pdf)20200916_listaxe_def_xardineria[20200916_listaxe_def_xardineria]469 kB
Download this file (20200917_Listaxe_alumnado_corrixido.pdf)20200917_Listaxe_alumnado_corrixido[20200917_Listaxe_alumnado_corrixido]1138 kB
Download this file (20200917_Listaxe_definitiva_titores_corrixida.pdf)20200917_Listaxe_definitiva_titores_corrixida[20200917_Listaxe_definitiva_titores_corrixida]303 kB
Download this file (20200925_listaxe_final_alumnado.pdf)20200925_listaxe_final_alumnos_traballadores[20200925_listaxe_final_alumnos_traballadores]1184 kB
Download this file (DECRETO_DEFINITIVO_PROGRAMAMOCIDADE20.pdf)Decreto definitivo de Mocidade 2020 e novas bases para a selección[ ]10852 kB

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe, 4 de agosto, a convocatoria de dúas liñas de axudas para persoas mozas anotadas no sistema de garantía xuvenil. As persoas empadroadas no Concello da Baña que cumpran os requisitos poderán optar a estas axudas da Deputación da Coruña.

As dúas convocatorias ás que se pode concorrer son:

  • Axudas PEL RURINNOVA. Xuventude Emprendedora, Programa Operativo de Emprego Xuvenil Fondo Social Europeo.

Estas axudas están destinadas ao fomento do autoemprego e á creación de empresas mediante o traballo autónomo da mocidade no rural da provincia da Coruña. 

As axudas a conceder oscilarán entre un mínimo de 4.050,00 € e un máximo de 8.100,00 €.

O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no BOP e finalizará ás 14:00 horas do 31 de agosto de 2020.

Podes consultar o anuncio no BOP do 20/07/2020 neste enlace (preme aquí).
Podes consultar a convocatoria no BOP do 04/08/2020 neste enlace (preme aquí).

  • Axudas PEL RELEVO. Creación de Emprego para a Xuventude. Programa de Emprego Xuvenil, Fondo Social Europeo.

Esta liña de axudas está destinada a empresas e persoas empregadoras legalmente establecidas no rural da provincia da Coruña que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas. 

A contía das mesmas oscilará entre un mínimo de 2.700,00 € e un máximo de 28.500,00 €.

O prazo de solicitude iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOP e finalizará ás 14:00 horas do 31 de agosto de 2020.

Podes consultar o anuncio no BOP do 20/07/2020 neste enlace (preme aquí).
Podes consultar a convocatoria no BOP do 04/08/2020 neste enlace (preme aquí).

Os mozos e mozas da Baña que desexen recibir máis información poden contactar co Departamento de Desenvolvemento Local do Concello ou chamar aos teléfonos: 981 886777,  981 886501 e 682 859367