• Os tres alcaldes reuníronse o mércores coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade solicitando a mellora nesta e noutras vías

  • Ethel Vázquez informou que están en contratación as obras para mellorar o firme da AC-406 e da AC-546

 

O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, xunto co de Val do Dubra e a alcaldesa de Santa Comba, reuniuse o pasado mércores coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, Ethel Vázquez, para solicitar a mellora da estrada AC-406, que vai de Faílde a Paramos, facilitando así a saída da Baña cara Santa Comba e Val do Dubra. A reunión celebrouse en Santa Comba, coincidindo coa visita da conselleira para anunciar a licitación dunhas obras.

Ethel Vázquez informou que a Consellería está a tramitar o contrato para iniciar a redacción do proxecto de mellora da estrada AC-406 entre Santa Comba e Portomouro, no treito do alto do Paofito, por considerar esta como unha actuación estratéxica para os tres concellos da comarca. A mellora deste vial é unha das reivindicacións que vén mantendo o Concello da Baña dende hai anos.

Na reunión, a conselleira informou tamén de que están en contratación as obras para mellorar o firme de varios treitos das estradas autonómicas AC-400, AC-406 e AC-546, que se executarán este mesmo ano e que suporán un investimento de 1,5 millóns de euros. 

Con esta actuación mellorarase considerablemente as comunicacións dende A Baña con Santiago, tanto viaxando cara a Portomouro como cara a Negreira. A  estrada AC-546, que comunica Negreira co cruce da Pereira, pasa, no municipio da Baña, por Corneira, Ordoeste, San Cibrán e Seoane.

Andrés García Cardeso aproveitou tamén a reunión coa conselleira para interesarse pola execución da senda peonil que unirá a saída de Negreira co Seilán. Actualmente, técnicos da empresa de enxeñería Incubed están a tomar medicións para redactar o proxecto. “A intención da Consellería é licitar as obras este mesmo ano”, explicou o alcalde da Baña tras a reunión. García Cardeso engadiu que esta obra vai permitir tamén que varias casas do municipio que se atopan neste tramoi poidan conectarse coa rede de sumidoiros.

12 de xullo de 2022

Faise pública a resolución da alcaldía de data 28 de xuño de 2022 pola que se inicia o procedemento de declaración de nulidade do acto administrativo mediante o que se aprobaron as bases reguladores que rexen a conformación dunha bolsa de emprego para cubrir unha praza de persoal de encargado de obras do Concello da Baña e se suspenden os actos derivados de ditas bases.

A resolución da alcaldía pode consultarse no documento adxunto

 

23 de xuño de 2022

Faise pública a resolución da alcaldía coa aprobación da lista de aspirantes admitidos/as do proceso selectivo para a selección dunha bolsa de emprego para cubrir a praza de persoal encargado/a de obras do Concello da Baña.

A resolución pode consultarse no documento adxunto

 

 

4 de maio de 2022

Faise pública a resolución da alcaldía coa aprobación da lista provisional de aspirante sadmitidos e excluídos do proceso selectivo para a conformación dunha bolsa de emprego temporal destinada a cubrir unha praza de persoal de encargado/a de obras do Concello da Baña.

A lista pódese consultar no documento adxunto.

 

 

22 de marzo de 2022

Fanse públicas as bases para a conformación dunha bolsa de emprego temporal destinada a cubrir unha praza de persoal de encargado/a de obras do Concello da Baña.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles a partir do mércores 23 de marzo para presentar a solicitude. 

As bases, publicadas no BOP deste martes 22 de marzo, poden consultarse no arquivo adxunto. 

 

1 de xuño de 2022

Faise pública a aprobación da contratación laboral temporal dun tractorista, ao abeiro do programa AprolRural da Consellería de Emprego e Igualdade.

A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.

 

16 de maio de 2022

Faise pública a resolución da Alcaldía coa aprobación da lista de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo apra a contratación dunha persoa para o posto de tractorista, como persoal laboral temporal do Concello da Baña.

Así mesmo, apróbase a data e hora de realización das probas selectivas, que serán o 25 de maio de 2022 a partir das 9.00 horas e que terán lugar na finca municipal da rúa Tedelle, s/n, 15863, A Baña.

A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.

 

12 de maio de 2022

Fanse públicas as bases que rexerán a convocatoria para a contratación dunha persoa para o posto de tractorista como persoal laboral temporal por un período de 9 meses no Concello da Baña, ao abeiro do programa AprolRural da Consellería de Emprego e Igualdade.

As bases poden consultarse no arquivo adxunto.

23 de xuño de 2022

Faise púbica a resolución da  alcaldía para a contratación laboral temporal dun socorrista ao abeiro do Plan de Cooperación da Xunta de Galicia.

Podes consultar a resolución no documento adxunto

20 de maio de 2022

Faise público o decreto de aprobación das bases que rexerán a convocatoria para a provisión urxente, polo sistema de oposición, de tres peóns de obras como persoal laboral temporal por un período de 5 meses no Concello da Baña.

O decreto de aprobación das bases que regularán este proceso selectivo poden consultarse no documento adxunto.

Attachments:
Download this file (20220520_Peons_de_Obra.pdf)20220520_peons_obras_contratacion[ ]211 kB