- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 246
4 xuño 2019
A comisión seleccionadora para a selección do persoal para cubrir as prazas ofertadas de 3 peóns, logo da entrevista realizada, fai pública a súa proposta de contratación. A acta pódese consultar no documento adxunto
4 xuño 2019
A comisión seleccionadora para a selección do persoal para cubrir as prazas ofertadas de 2 albaneis, logo da entrevista realizada, fai pública a súa proposta de contratación. A acta pódese consultar no documento adxunto
20 maio 2019
Ante os resultados da selección de persoal, para as prazas de peón de obras públicas e oficial segunda, feito pola Oficina de Emprego Santiago-Norte, a través das ofertas 12-2019-4009 e 12-2019-4017, acórdase convocar ás persoas candidatas preseleccionadas para o martes día 28 de maio, ás nove horas, para a realización dunha entrevista.
20 maio 2019
A continuación atópase a aprobación das bases para a contratación de persoal laboral para cubrir 2 prazas de oficiais de 2ª e de 3ª de peóns de obras públicas a tempo parcial 25 horas semanais durante 5 meses.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 84
A veciñanza da Baña que teña que pasar a ITV dos seus vehículos agrícolas, poderá facelo o vindeiro 1 e 2 de xullo na capital municipal. A unidade móbil 3 da inspección técnica de agrícolas estará situado na explanada próxima á nave municipal que se atopa preto do colexio público San Vicente.
Para poder pasar a ITV, as persoas interesadas deberán pedir cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou dende a páxina web www.sycitv.com (preme aquí), poñendo a matrícula do vehículo e elixindo a estación móbil da Baña. A petición por internet para pasar a ITV agrícola na Baña pódese facer a partir do día 1 de xuño.
O horario no que se pode pasar a ITV na Baña é de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, o luns día 1 de xullo. O martes día 2 a unidade móbil só estará operativa en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 283
O Concello da Baña decidiu aprazar para o vindeiro 27 de outubro a terceira edición da Ruta BTT Filloa da Padre, prevista inicialmente para este domingo.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 233
24 de maio de 2019
Proposta de contratación elevada pola comisión seleccionadora para a selección dun peón forestal.
A acta da comisión pódese consultar no arquivo adxunto
9 de maio de 2019
Convócase o luns 13 de maio, ás 9.00 horas, a proba práctica sobre funcionamento de motoserra e de rozadoira do proceso de selección dun peón forestal. A continuación atópase o documento con todos os detalles.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 324
A escritora bañense Beatriz Corzón Couto presentará o vindeiro venres, 15 de marzo, o seu libro ‘Se eu fora ti’. O acto celebrarase na casa da cultura da Baña a partir das 21.00 horas.
En palabras da autora e veciña de Emes, esta obra versa sobre o trastorno bipolar e ten unha parte de autoaxuda e outra autobiográfica.