imprimir
Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
Visitas: 1746

20191020 Cartel Revolta FB

A carballeira do Seilán acollerá o domingo 20 de outubro a terceira edición do Feirón e Romaría de Re-Volta, unha celebración coa que se quere recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta do século pasado. Este ano a troula contará cun entorno renovado despois de que o Concello eliminara o antigo palco por petición popular. As actividades, que inclúen música, mercadiño, demostración de oficios, catas e propostas culturais, comezarán ás 11 da mañá, como nas edicións anteriores.

O evento está organizado polo Concello da Baña e conta coa colaboración coa Deputación da Coruña. Desde pola mañá haberá postos de venda e exposición de produtos de época, ademais de mostras de oficios. Durante a xornada haberá diferentes postos de comida típica galega e unha exposición fotográfica con imaxes antigas facilitadas pola veciñanza.

A música comeza xa ás 12 do mediodía, coa actuación da Requinta da Laxeira, agrupación de música tradicional que está a celebrar os seus 15 anos traballando para recuperar a requinta, instrumento característico da zona da Ulla. Pola tarde será o turno do Mago Teto e o seu espectáculo ‘O Afiador’, que a partir das 16.00 horas animará a tarde cos seus trucos. Ás 17.30 horas Os Campantes da Baña continuarán coa música para sacar a todos os veciños e veciñas a bailar ata que o corpo aguante.Carballeira Seilan web