imprimir
Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
Visitas: 461

Torneo XadrezO vindeiro mércores 6 de marzo celebrarase o I Torneo de Xadrez do Concello da Baña. O Centro Social e da terceira idade do concello acollerá o campionato entre as 17:00 e 19:00 horas. No mesmo lugar, haberá tamén un espazo libre con profesores de xadrez para aprender a aqueles interesados que non saiban xogar. O obxectivo da actividade é promocionar este deporte entre a veciñanza, de cara á formación dun club municipal de xadrez no futuro.

As inscricións faranse no número de teléfono 633 447 674, preferiblemente a través de WhatsApp. Todos os participantes recibirán unha medalla e haberá trofeos para o mellor local, campión sub-8, sub-10 e sub-14.