imprimir
Categoría: SNL
Visitas: 193

20191218 agasalla con xeitoIr de paseo unha hora ao día durante un mes, visitar amizades, familia, persoas enfermas, xuntarse varios membros da familia para facer un regalo, utilizar produtos da terra para os menús de nadal, regalar tempo.... Son algúns dos concellos que o Concello da Baña transmite á veciñanza para sumarse a campaña de consumo responsable ‘Agasalla con xeito’. Dentro desta campaña, o Servizo de Normalización Lingüística da Baña organiza un concurso de cartas de Nadal en galego na que se devirá incidir nun consumo con xeito nestas datas.

Neste certame poden participar todas as persoas que o desexen, polo que se establecen tres categorías: 0-10 anos, 10-18 e maiores de 18 anos. As persoas participantes deberán remitir cartas orixinais, cun máximo de 300 palabras, escritas en galego. O prazo para presentarse remata o 27 de decembro, e as misivas deberán entregarse en persoa ou enviarse por mail á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes da mencionada data.

Os gañadores de cada categoría recibirán un agasallo acorde coa campaña: un vale para gozar gratis durante un mes de verán da piscina municipal da Baña. Os premios serán entregados polos Reis Magos, xunto cun diploma acreditativo, o vindeiro 5 de xaneiro. (consulta as bases íntegras no documento adxunto).

Dentro da campaña de concienciación, dende o Concello da Baña convidan a planificar e anticipar ás compras de nadal e mercar preferentemente no comercio local. Utilizar produtos de tempada e  da terra é outro dos consellos para reducir os gastos. Pensar nos gustos e necesidades da persoa a que se lle quere agasallar, e xuntarse varios familiares son outros dos consellos para reducir os gastos.

Regalar tempo e experiencias persoais, ensinarlle ás crianzas a importancia de compartir son outras das recomendacións desta campaña.

En canto aos agasallos, dende o Concello fanse algunhas propostas para estas datas, como pasar unha tarde de cine ou de teatro; ir de excursión, pasar un día en pixama de sofá e manta, visitar amizadas, contar contos, botar unhas carreiras, son algunhas das propostas desta iniciativa.

Attachments:
Download this file (20191218_bases_cartas_agasalla_con_xeito m[6].pdf)20191218_Bases_concurso_consume_con_xeito[20191218_Bases_concurso_consume_con_xeito]146 kB