imprimir
Categoría: Xuventude
Visitas: 469

Ao abeiro da Orde do 16 de abril de 2018 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil para o ano 2018 o Concello da Baña selecciona 8 voluntarios/as para apoiar as actividades do Campamento urbano nos meses de xullo e agosto do 2018.

Despois do éxito da experiencia destes anos, animamos ás mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos de idade, a que participen neste proxecto relacionado co tempo libre e que favorece a conciliación da vida familiar e laboral da veciñanza.

Cada participante obterá unha dotación de 6 euros por día que exerza como voluntaria/o para gastos de manutención e transporte (cun mínimo de 6 horas ao día e por un total de 60 días). Durante o tempo de execución do proxecto, as persoas voluntarias terán cobertura do seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

Ao finalizaren os proxectos, as persoas voluntarias que participen neles obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un certificado de educación non formal acreditativo da acción voluntaria des­envolvida.

 Valorarase ter formación ou coñecementos no ámbito relacionado coa actividade.

As persoas interesadas deberán enviar ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o venres 29 de xuño de 2018, indicando no asunto: SOLICITUDE VOLUNTARIADO NA BAÑA 2018, os seguintes datos

Nome e apelidos________________________________________________________

DNI núm. _________________________,

data de nacemento __________________________

Teléfonos __________________________________ / _______________________

Enderezo electrónico ___________________________________________________   

e domicilio en _________________________________________________________

 

No caso dos/as menores de idade, será preciso autorización do/a pai/nai/titor/a legal.

Máis información nos teléfonos: 981 886 501