imprimir
Categoría: Xuventude
Visitas: 1354

20200128 Expo violencia xenero cartelO vindeiro venres, 31 de xaneiro, inaugúrase na casa da cultura da Baña a mostra Á violencia de xénero… dille NON!, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta que ten como obxectivo impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade.

Trátase dunha exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar aos adolescentes a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións. Once paneis, de 70 x 100 centímetros, amosan condutas tóxicas como o control, a manipulación, o abuso, a “sextorsión”, a chantaxe emocional e outras formas de maltrato.

Á violencia de xénero… dille NON! inscríbese no conxunto de actuacións que está impulsando a Xunta de Galicia nos 78 concellos adheridos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Poderá visitarse ata o xoves 13 de febreiro na casa da cultura da Baña de luns a venres, en horario de 9.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.