imprimir
Categoría: Xuventude
Visitas: 1203

20191112 Cartel Canle Whatsapp xuventude

Se tes entre 18 e 30 anos seguro que sabes que podes beneficiarte de numerosos descontos en comercios, actividades de ocio e transportes grazas ao Carné Xove. Seguro que sabes que podes acceder a bolsas para os teus estudos, para realizar prácticas formativas en Europa e mesmo viaxes a países tan interesantes como Xapón. Seguro que tamén coñeces os premios, certames e concursos nos que recoñecemos a creatividade e o talento xuvenil. E, por suposto, sabes que tes ao teu alcance numerosas accións de voluntariado e que mesmo podes gozar de estadías de fin de semana no rural galego cargadas de aventuras... Ou non o sabías?

Se non sabías nada disto ou, se aínda coñecendo toda esta oferta, queres apuntarte antes que ninguén, esta mensaxe seguro que che interesa.

En breve, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, poñerá en marcha por primeira vez un canal de WhatsApp a través do cal se dará a coñecer todos os programas, novidades e futuras accións nas que podes participar como persoa nova. Ao mesmo tempo,responderase tamén a todas as túas dúbidas, preguntas e inquedanzas.

Para poder sumarte a esta iniciativa é necesario o teu consentimento expreso, simplemente enviando un mail ao enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando o teu número de móbil.

No asunto debes poñer: WhatsApp de Xuventude.