20200215 OK ALI2015

As saborosas filloas da pedra da Baña, que hoxe estiveron acompañadas polas filloas de Muimenta, fixo que dende primeiras horas da tarde moitas persoas se achegasen ata o polideportivo de San Vicenzo, donde a música galega animaou aínda máis o ambiente na foliada filloeira, o primeiro día co que A Baña celebra a XVII Festa da Filloa da  Pedra.

Asociación Filloas da Pedra da Baña ten xa todo preparado para celebrar mañá o día grande. Máis de medio cento de persoas e preto de 2.000 litros de amoado e preto de corenta pedras para que ninguén pase ganas de filloas mañá, día grande desta exaltación gastronomica.  Hoxe estiveron traballando a reo toda a tarde, para satisfacer os padais das cento de persoas que se achegaron ata o polideportivo. E para agradecer a presenza das filloeiras de Muimenta, as da Baña tamén estarán na festa da localidade lucense o vindeiro 1 de maio.

20200215 ok ALI2018

Durante toda a tarde, ademais do produto estrela esta fin de semana na Baña, os asistentes estiveron gozando coa boa música das agrupacións folclóricas Sarillo de Aiazo, Os Sentenarios, Mestura Folk, a Escola de Gaita e as Pandeireteiras da Baña. Foron moitos os que se animaron a bailar algunha das pezas.

20200215 OK ALI2023

Ata o alumnado de 4º da ESO do CPI San Vicente montou hoxe xa a súa mesa para vender camisetas coas que queren recaudar fondos para a excursión de fin de curso que queren facer en abril a Barcelona.

Mañá, día grande da festa, o polideportivo abrirá ás 10.00 horas. Alí estarán xa preto de corenta pedras atendidas polas voluntarias e voluntarios da Asociación Filloas da Pedra para satisfacer os padais más esixentes. Durante todo o día poderanse degustar filloas, soas ou acompañadas de lacón con grelos, chourizo, orella de porco, queixo, nata, mel ou chocolate.

O programa festivo inclúe, ás 11.30 horas, un obradoiro de construción de horta ecolóxica en bancais, que impartirán os participantes no obradoiro de emprego Xóvenes2019. A música matinal correrá a cargo dos Campantes da Baña (12.30 horas), antes de que o director do programa radiofónico ‘+d1 Compostela’, de Onda Cero, Ramón Castro, pronuncie o pregón.

20200215 OK ALI2022

Ás 15.30 horas, a Charanga BB+ animará a bailar aos asistentes e, ás 16.30, Silvia Capelo impartirá un taller de estampación e creación de camisetas. A verbena coa orquestra Finisterre, dende as 18.00 horas, poñerá o broche de ouro a esta festa.

A Asociación Filloas da Pedra da Baña, que conta coa colaboración do Concello, ten programadas diferentes actividades para que todos os asistentes poidan gozar dunha xornada festiva. Tirolina, rocódromo e outros divertimentos. Postos de artesanía e gastronomía e os polbeiros tampouco faltarán a esta cita.

Feira de cans de caza

E de forma paralela á Festa da Filloa da Pedra, a Baña volve recuperar a tradicional Feira de Cans de Caza, que este ano completou as 160 prazas dispoñibles. O recinto feiral, que estará situado na finca municipal detrás do CPI San Vicente, abrirá ás 08.00 horas, aínda que a feira celebrarse entre as 10.00 e as 13.00 horas.

Haberá premios para os mellores exemplares de caza maior, caza menor, pluma, mellor manda de cans e mellor camada de cachorros, así como un premio especial ao mellor can da feira. Os premios entregaranse ás 13.30 horas.Organizada polo Concello da Baña en colaboración coa Asociación Deportiva de Cazadores San Can e a Federación Galega de Caza, os amantes deste deporte poderán gozar na feira co simulador de tiro da federación.

20200215 OK ALI2024