imprimir
Categoría: Turismo
Visitas: 333

20190224 Publico da Festa Filloa Pedra

A celebración da XVII Festa da Filloa da Pedra da Baña, o vindeiro día 16 de febreiro, coa foliada filloeira o sábado 15, vai provocar cambios nos horarios de uso do polideportivo de San Vicenzo.

Todas as actividades que habitualmente se realizan no pavillón (escolas deportivas, adestramentos de equipos de fútbol, etc) quedan suspendidas dende o mércores, día 12, ata o martes, día 18 de febreiro, ambos os dous incluídos, para facilitar os preparativos, celebración e recollida de todo o material necesario para a organización da Festa da Filloa da Pedra.

Dende o Concello pídense disculpas á veciñanza e lamentan as molestias que esta medida poida ocasionar.

Agardámosvos a todos os días 15 e 16 de febreiro na XVII Festa da Filloa da Pedra da Baña.