imprimir
Categoría: Turismo
Visitas: 1283

20191030 Sinalizacion Via Mariana 2Na mañá de hoxe, 30 de outubro, Mónica González, concelleira de Cultura, e César Ramos, portavoz de CxG, acompañados pola ADL, o técnico de turismo e diferentes operarios do Concello, colocaron a sinalización da Vía Mariana Luso Galaica ao seu paso pola Baña.

O tramo que percorre o municipio dende Ponte Maceira (Negreira), ata Trece (A Baña), por fin conta cos sinais que guiarán a partir de agora aos peregríns que queiran facer a Vía Mariana Luso Galaica, unha ruta de peregrinación de 370 km. entre os santuario do Sameiro, en Braga, e o santuario da Nosa Señora da Barca en Muxía, unindo algúns dos principais santuarios marianos do norte de Portugal e Galicia. Na Baña, a Vía Mariana pasa polos santuarios do Seilán e Ordoeste.