imprimir
Categoría: Turismo
Visitas: 1551

20191208 Excursion Pais VascoO Concello da Baña decidiu suspender a excursión cultural ao País Vasco prevista para a ponte da Constitución por non acadar un grupo mínimo de persoas interesadas en Participar.

a proposta incluía unha viaxe para que a veciñanza puidera visitar Santander, Bilbao, Portugalete e San Sebastián durante a fin de semana do 5 ao 8 de decembro. A excursión cultural tiña un custo de 320 euros e o prazo de inscrición comezou o 4 de novembro.

O prezo da viaxe inclúe pensión completa, comidas en ruta e guía. Os interesados e interesadas en inscribirse deben ser maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas na Baña. A celebración da actividade está suxeita á formación de grupo.

A inscrición farase a partir do 4 de novembro na Concellaría de Cultura do Concello da Baña, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas ou no teléfono 981 886 501.