20200413 libroSeguindo co programa de actividades que está a desenvolver a Axencia de Lectura da Baña desde o inicio do estado de alarma, hoxe chega unha nova proposta: 'O libro de...', unha actividade á que invita a participar a toda a veciñanza. Trátase de construír entre todos e todas o relato colectivo desdes días de corentena, utilizando para iso as experiencias narradas polos veciños e veciñas e acompañadas, se se quere, de debuxos ou fotografías.

A idea é xuntar todas estas contribucións e darlles forma de libro. Unha vez que se recupere a normalidade, o volume ocupará un lugar especial na Axencia de Lectura.

Velaquí as indicacións de como participar:

O LIBRO DE...

O libro de Ana, o libro de Paula, o libro de Álvaro, de Laura..., o libro de cada un de vós.

Escribide o que queirades sobre vós, podedes centrarvos nestas últimas semanas de corentena e contarnos como estades a vivilas, como pasades os días, contando anécdotas e momentos curiosos, incluíndo debuxos, fotos, que cousas vos gustan menos e cales aceptades dun xeito más doado.

Podedes escribilo á man ou no ordenador se dispoñedes del. Suxerímosvos que empreguedes un tamaño DIN-A4, en horizontal e dobrado pola metade, pensade na forma dun libro collede tantos papeis como historias queirades contar e... mans á obra!

Cando todo isto acabe, e volvamos á normalidade, podemos darlle forma dende a Aula de Informática, ou dende a Axencia de Lectura, onde lles dedicaremos un lugar moi especial aos vosos escritos.

Animádevos a participar!

20200413 cursos informatica mecanografiaA Aula de Informática da Baña comparte unhas ligazóns útiles para que quen queira e poida siga practicando desde a casa informática e mecanografía. Esta listaxe inclúe propostas didácticas e xogos educativos online e gratuítos cos que poderemos mellorar as nosas habilidades ao teclado.

  • aulaClic: Cursos de informática gratuítos online.
  • AulaFacil: Cursos gratis online de idiomas, informática, Internet, manualidades, autoaxuda, emprsea, cociña, ciencia, saúde, beleza, bricolaxe, etc.
  • Cursomeca: Curso de mecanografía gratis.
  • Sense-lang: Programa gratis de mecanografía, con versión en español.
  • FastFingers: Test de mecanografía para aumentar a túa velocidade ao teclado.
  • ARTypist: Cursos de mecanografía e test de velocidade.
  • Vedoque: Cursos e xogos educativos de mecanografía.

20200309 ArteFloral cartel

O Concello da Baña organiza un obradoiro gratuíto de arte floral, que terá lugar o venres, 27 de marzo, no centro social e da terceira idade en horario de mañá, entre as 10.30 e as 12.00 horas. Un total de 10 persoas, con preferencia para aquelas que estean empadroadas na Baña, poderán aprender a facer centros con flores de temporada. Para participar é preciso reservar praza, chamando ao teléfono 615 401 264.

A Axencia de Lectura da Baña fai as súas propostas lúdico-educativas para estes días de confinamento, uns xogos de elaboración caseira e sinxela cos que poderemos manter a mente activa ao tempo que nos entretemos. As actividades baséanse en xogos clásicos e van dirixidas ás familias, dado que teñen un nivel de dificultade adaptado a todo tipo de persoas.

O dominó caseiro e o xogo de memoria memo-memo son as primeiras propostas. Están elaborados con materiais que están ao alcance de todos e todas e permítennos poñer en práctica as nosas dotes creativas durante o proceso de creación do xogo.

Podes descargar os tutoriais detallados de cada xogo nos arquivos adxuntos a esta nova.

20200331 Xogo memoriaMemo-memo

  • Necesitamos cartolina, tesoiras, regra e lapis de cores.
  • Recortamos pezas dunha cartolina dun tamaño aproximado de 6cm x 6cm. Facemos o mesmo debuxo cada dúas pezas. Tamén podemos baixar imaxes da Internet e inserilas nun documento.
  • Despois, poñemos as pezas boca abaixo sobre unha mesa e imos destapando por quendas de dúas en dúas ata que logremos facer unha parella; se non facemos a parella, vólvense a poñer boca abaixo e intentámolo de novo cando chegue a nosa quenda.
  • Gaña quen consegue facer máis parellas.

20200331 DominoDominó

  • Necesitamos cartolina, tesoiras, regra, lapis de cores e 28 pezas de 8cm x 4cm recortadas na cartolina, coas que faremos as pezas do dominó.
  • Podemos poñer os puntos tradicionais ou facelo con distintos debuxos que os máis pequenos e pequenas poidan pintar.
  • Para iso colleremos seis debuxos distintos e faremos patróns como os do dominó numérico.
Attachments:
Download this file (Dominó.pdf)Dominó caseiro[Dominó caseiro]168 kB
Download this file (Xogo de memoria.pdf)Xogo de memoria[Xogo de memoria]54 kB

20200308 Dia Muller ALI3427

Pilar Gómez, farmacéutica; Carmen Turnes, gandeira; e Ana Montalbán, odontóloga, contaron a súa experiencia e falaron do papel da muller nun municipio rural como A Baña, nunha charla coloquio celebrada este domingo 8 de marzo coa que o Concello conmemora o Día Internacional da Muller.

Pilar recordaba como foi o seu bisavó quen quixo que a súa nai estudara e se convertera na primeira farmacéutica titulada da Baña, mentres que Carmen resaltaba as desigualdades que sufrían as mulleres, e recordaba como a seus irmáns si pero a ela non a deixaron estudar, “a pesar da insistencia do cura”. Tamén lembrou as odiseas e como tivo que teimar na casa para poder comprar un pantalón para vestir ou sacar o carné de conducir. “As oficinas de Extensión Agraria foron moi formativas para nós e para defender os nosos dereitos”, dixo unha muller que hoxe ve como o seu fillo continúa coa explotación gandeira familiar.

Ana María Montalbán só tivo palabras de agradecemento para a veciñanza da Baña que a axudou dende que chegou aquí hai 30 anos, o 30 de novembro de 1990, para superar o frío, a choiva e as dificultades co idioma. A preguntas do público recoñeceu que, hoxe en día, a situación da muller está mellor en España que no seu país..

20200308 Dia Muller ALI3433