20191209 portas abertas LanhasA Escola Infantil de Lañas organiza o vindeiro 20 de decembro, venres, unha xornada deportas abertas para que as familias con crianzas menores de 6 anos poidan coñecer a oferta educativa e as instalacións deste centro, que dende o mes de xuño está integrado no Colexio Rural Agrupado (CRA) Coristanco-Santa Comba, con outras seis unitarias destes municipios.

Os actos organizados polo Concello da Baña comezarán ás11.15 horas coa benvida ás persoas asistentes, para, un cuarto de hora despois, comezar unha sesión de contacontos con Trinketrinke Teatro. A partir das 12.30 horas haberá unha visita guiada polas instalacións.  A xornada rematará sobre as 13.30 horas.

Actualmente, na Escola Infantil de Lañas estudan seis nenos e nenas que cursan educación infantil.

Brincanadal webA Concellaría de Educación e Cultura da Bañan ven de organizar o programa de conciliación familiar para as vindeiras vacacións escolares. No programa Brincanadal poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos que se inscriban a partir do luns, 9 de decembro.

Brincanadal inclúe obradoiros e diferentes actividades que se van celebrar no local social da Baña entre os días 23 e 31 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro, entre ás 09.00 e as 14.00 horas. As actividades tamén se van realizar os días de 24 e 31 de decembro, Noiteboa e Noitevella.

As familias interesadas en participar deberán inscribir as súas crianzas a partir do vindeiro luns, 9 de decembro, na Concellaría de Cultura. O prezo destas actividades é de 20 euros para os nenos e nenas empadroadas na Baña e de 35 para os non empadroados.

20191118 contacontos Fundacion proteccion discapacitadosA Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala vai compartir unha sesión de contacontos coas familias do proxecto Apego o próximo venres, 22 de novembro de 2019, ás 18.15 horas na casa de cultura da Baña.

20191122 183918Familias de Apego e membros da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala compartiron unha sesión de contacontos, o pasado venres 22 de novembro na casa de cultura da Baña, como forma de fomentar a integración social. Unha canción serviu como punto de inicio dunha actividade que continuou coa narración teatralizada do conto 'A que sabe a Lúa' e que rematou cun xogo conxunto de todos os participantes.

As caras de felicidade e satisfacción das persoas presentes demostraron o éxito desta iniciativa pola integración impulsada polo Concello da Baña, que xa no verán propiciou o encontro entre a Fundación e os pequenos e pequenas dos campamentos cando aqueles foron explicar como son as actividades que habitualmente desenvolven.

Podes ver as imaxes do encontro neste album de fotos no Facebook do Concello: https://www.facebook.com/pg/ConcellodaBana/photos/?tab=album&album_id=3124117140938116

20191114 Teatro Lañas O programa ‘Teatralizándonos’ quere achegar o teatro aos lugares da Baña; por iso o vindeiro sábado, 16 de novembro, ás 21.00 horas, terá lugar no local social de Lañas a presentación da obra ‘Unha Primavera para Aldara’, da compañía de teatro Airiños, dirixida por Amantia Coello e escrita por Teresa Moure.