20190309 Entroido MediosO Concello da Baña organiza o 29 de febreiro o seu tradicional desfile de disfraces, comparsas e carrozas de entroido. Este ano a celebración incorpora dúas liñas de axuda como principal novidade. Ademais, nesta edición repartiranse 3.600 euros en premios, máis do dobre que na pasada.

Por unha banda, o Concello porá a disposición dos/as interesados/as un local para a creación das carrozas e realización dos traballos relacionados coa participación no desfile, así como unha axuda económica para o transporte das mesmas.

As categorías do Entroido 2020 dividiranse en carrozas, comparsas e individuais (adulto e infantil). Os gañadores dos premios grupais conseguirán 1.000 euros, no caso do primeiro posto, 500 no segundo e 200 no terceiro. Os individuais serán de 100 euros para o campión infantil, e da mesma contía para o adulto. 

Máis información no Concello da Baña.  

20200121 Formacion Plataforma SubtelA Deputación da Coruña organiza unha xornada gratuíta de formación para asociacións sobre o uso da plataforma SUBTEL, a plataforma do organismo provincial de presentación telemática de solicitudes de subvencións.

A formación celebrarase o martes 21 de xaneiro ás 10.00 horas na aula de informática municipal.

Os interesados en participar poden inscribirse no Concello da Baña de forma presencial, ou a través do teléfono 981 886 501.

20191230 pandeireteiras da Baña web

O Concello da Baña e a Escola de Música Tradicional organizaron un ano máis a Troula de Nadal, coa colaboración da ACM Os Campantes da Baña. O sábado, 28 de decembro, a música tradicional foi a protagonista nunha velada na que participaron os grupos: Escola de Música Tradicional da Baña, Escola de Pandeireta de Negreira, Grupo de Acordeóns da A.C. Coto da Nai de Aríns; Gaiteiros de Axio Mouro de Santa Comba; Pandereteiras da Baña, Son de Gaita de Sergude e Os Pequenos da Baña. Numerosas persoas achegáronse ata a Escola de Música para bailar, cantar e conversar cos amigos (ver o vídeo resumen neste enlace).

20191230 asistentes Troula Nadal web

20191205 ReisMagos 02

Os Reis Magos de Oriente visitaron esta tarde A Baña, onde atenderon as peticións de regalos da rapazada no polideportivo municipal. As Súas Maxestades chegaron ao municipio contra as 16.30 e foron recibidos con música de gaitas, para posteriormente entregar agasallos e lambetadas a todos os nenos e nenas que asistiron ao evento.

Os pequenos tamén puideron gozar dos xogos inchables instalados na pista. O público dispuxo despois dunha merenda na que non faltaron o chocolate e o roscón, con opcións alternativas para celíacos ou intolerantes á lactosa.

Os Reis tampouco perderon a ocasión de visitar as persoas maiores nunha data tan sinalada, e fixérono acompañados das autoridades municipais.

Podes ver o album de fotos da visita das Súas Maxestades de Oriente no Facebook do Concello.

20191216 Portada RevistaO Concello da Baña vén de distribuír entre a veciñanza un novo número da revista informativa municipal, que inclúe reportaxes e un resumo das actividades e iniciativas desenvolvidas durante o ano 2019.

En corenta páxinas recóllense informacións que van desde o cambio de goberno e a nova Corporación saída das urnas o 26-M ata as actividades deportivas e culturais que se realizan nas parroquias, pasando pola oferta educativa da Escola Infantil de Lañas ou da Escola Municipal de Música, unha entrevista aos propietarios dunha explotación gandeira, os campamentos de verán, a Festa Rachada ou a festa do Apego, as representacións teatrais... e unha morea de temas.

A revista informativa municipal distribuiuse a todos os domicilios e tamén está dispoñible en formato dixital.