imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 1104

O Concello da Baña selecciona 8 voluntarios/as para apoiar actividades de recuperación da cultura/arte/tradición populares galegas no mes de agosto do 2019. Despois da experiencia destes anos anteriores coa xente que participou como voluntaria, o consistorio anima ás mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos de idade, a que participen neste proxecto que contará cunha remuneración diraria de 6 euros para cada participante.

Ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil para o ano 2019 , o Concello da Baña selecciona 8 voluntarios/as para apoiar actividades de recuperación da cultura/arte/tradición populares galegas no mes de agosto do 2019.

Cada participante obterá unha dotación de 6 euros por día que exerza como voluntaria/o para gastos de manutención e transporte (cun mínimo de 6 horas ao día e por un total de 30 días). Durante o tempo de execución do proxecto, as persoas voluntarias terán cobertura dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes. Ao finalizaren os proxectos, as persoas voluntarias que participen neles obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un certificado de educación non formal acreditativo da acción voluntaria desenvolvida.

As persoas interesadas deberán un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto “SOLICITUDE VOLUNTARIADO NA BAÑA 2019” e cunha mensaxe que conteña o nome e apelidos, DNI, data de nacemento, domicilio, teléfono e enderezo electrónico do interesado/a (No caso dos/as menores de idade, será preciso autorización do/a pai/nai/titor/a legal).

O prazo de solicitude remata o mércores 24 de xullo de 2019.