imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 897

O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, recibeu esta semana ao presidente da Unión Barcalesa na Habana, Manuel Rodríguez Barreiro, quen visitou o concello aproveitando á visita que fixo aos seus familiares Ferraces.

Manuel Rodríguez aproveitou a súa visita ao Concello da Baña para entregar os xustificantes da achega que o propio rexedor lle entregara durante a súa recente visita á Habana para colaborar co mantemento do panteón social da Unión Barcalesa no cemiterio de Colón. A comisión de goberno bañense acordara concederlle mil euros ao colectivo de emigrantes ou descendentes de emigrantes para conservar o seu patrimonio no país caribeño.

Ao mesmo tempo Rodríguez Barreiro tamén lle presentou ao alcalde bañense o proxecto que está deseñando a Unión Barcalesa na Habana para dixitalizar as actas da sociedade. Manuel Rodríguez tamén aproveitou a súa visita a Galicia para reunirse co alcalde de Negreira.