imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 412

20190309 Entroido MediosO Concello da Baña organiza o 29 de febreiro o seu tradicional desfile de disfraces, comparsas e carrozas de entroido. Este ano a celebración incorpora dúas liñas de axuda como principal novidade. Ademais, nesta edición repartiranse 3.600 euros en premios, máis do dobre que na pasada.

Por unha banda, o Concello porá a disposición dos/as interesados/as un local para a creación das carrozas e realización dos traballos relacionados coa participación no desfile, así como unha axuda económica para o transporte das mesmas.

As categorías do Entroido 2020 dividiranse en carrozas, comparsas e individuais (adulto e infantil). Os gañadores dos premios grupais conseguirán 1.000 euros, no caso do primeiro posto, 500 no segundo e 200 no terceiro. Os individuais serán de 100 euros para o campión infantil, e da mesma contía para o adulto. 

Máis información no Concello da Baña.