20191205 ReisMagos 02

Os Reis Magos de Oriente visitaron esta tarde A Baña, onde atenderon as peticións de regalos da rapazada no polideportivo municipal. As Súas Maxestades chegaron ao municipio contra as 16.30 e foron recibidos con música de gaitas, para posteriormente entregar agasallos e lambetadas a todos os nenos e nenas que asistiron ao evento.

Os pequenos tamén puideron gozar dos xogos inchables instalados na pista. O público dispuxo despois dunha merenda na que non faltaron o chocolate e o roscón, con opcións alternativas para celíacos ou intolerantes á lactosa.

Os Reis tampouco perderon a ocasión de visitar as persoas maiores nunha data tan sinalada, e fixérono acompañados das autoridades municipais.

Podes ver o album de fotos da visita das Súas Maxestades de Oriente no Facebook do Concello.