imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 99

20191216 Portada RevistaO Concello da Baña vén de distribuír entre a veciñanza un novo número da revista informativa municipal, que inclúe reportaxes e un resumo das actividades e iniciativas desenvolvidas durante o ano 2019.

En corenta páxinas recóllense informacións que van desde o cambio de goberno e a nova Corporación saída das urnas o 26-M ata as actividades deportivas e culturais que se realizan nas parroquias, pasando pola oferta educativa da Escola Infantil de Lañas ou da Escola Municipal de Música, unha entrevista aos propietarios dunha explotación gandeira, os campamentos de verán, a Festa Rachada ou a festa do Apego, as representacións teatrais... e unha morea de temas.

A revista informativa municipal distribuiuse a todos os domicilios e tamén está dispoñible en formato dixital.