imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 482

Brincanadal webA Concellaría de Educación e Cultura da Bañan ven de organizar o programa de conciliación familiar para as vindeiras vacacións escolares. No programa Brincanadal poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos que se inscriban a partir do luns, 9 de decembro.

Brincanadal inclúe obradoiros e diferentes actividades que se van celebrar no local social da Baña entre os días 23 e 31 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro, entre ás 09.00 e as 14.00 horas. As actividades tamén se van realizar os días de 24 e 31 de decembro, Noiteboa e Noitevella.

As familias interesadas en participar deberán inscribir as súas crianzas a partir do vindeiro luns, 9 de decembro, na Concellaría de Cultura. O prezo destas actividades é de 20 euros para os nenos e nenas empadroadas na Baña e de 35 para os non empadroados.