20191122 183918Familias de Apego e membros da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala compartiron unha sesión de contacontos, o pasado venres 22 de novembro na casa de cultura da Baña, como forma de fomentar a integración social. Unha canción serviu como punto de inicio dunha actividade que continuou coa narración teatralizada do conto 'A que sabe a Lúa' e que rematou cun xogo conxunto de todos os participantes.

As caras de felicidade e satisfacción das persoas presentes demostraron o éxito desta iniciativa pola integración impulsada polo Concello da Baña, que xa no verán propiciou o encontro entre a Fundación e os pequenos e pequenas dos campamentos cando aqueles foron explicar como son as actividades que habitualmente desenvolven.

Podes ver as imaxes do encontro neste album de fotos no Facebook do Concello: https://www.facebook.com/pg/ConcellodaBana/photos/?tab=album&album_id=3124117140938116