imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 767

20191111 Cartel Plan divulgacion formacion forestal fbO Concello da Baña organiza xunto con FORESIN e AREGA un plan de divulgación e formación forestal, repartido en tres xornadas nas que se falará sobre aproveitamento múltiple dos montes con procedementos ecolóxicos, técnicas de extracción de resina e actividade resineira. O plan estará aberto a todo o público, mais é necesaria a reserva de praza.

O 21 de novembro, de 9.30 a 13.30 horas terá lugar na casa da cultura da Baña a xornada sobre o aproveitamento múltiple dos montes con procedementos ecolóxicos, centrándose no resineiro e noutras técnicas de aproveitamento dos piñeiros. Os profesionais da empresa FORESIN e o alumnado e docente do obradoiro de emprego ‘Xóvenes 2019’ serán os encargados de impartir esta xornada.

Xa no mes de decembro impartirase un curso formativo sobre técnicas de extracción de resina nas escolas vellas de San Vicenzo da Baña. A actividade terá unha duración de 8 horas repartidas entre as 9.30 horas e as 13.30 dos días 12 e 13 de decembro. Para rematar, o día 15 haberá unha demostración práctica e habilitarase unha caseta informativa sobre a actividade resineira no mercadiño de nadal da Baña, situado na Praza do Concello de 10.00 a 14.00 horas.

A asistencia está aberta a todo o público, pero é necesario reservar praza poñéndose en contacto co Concello da Baña a través do 981 886 501, o 682 859 367 e o Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..