imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 447

20191104 Postal Nadal ALI9199

O Concello da Baña organiza este ano un concurso de postais de Nadal entre o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria para elixir a felicitación oficial deste ano. No concurso poderán participar todos os alumnos e alumnas da Baña que o desexen presentando unha obra orixinal de deseño gráfico que terá como tema o Nadal en galego e deberá levar unha felicitación no noso idioma.

Para elaborar as obras, que deberán ser orixinais e garantir a súa autoría, o alumnado poderá usar calquera técnica. Haberá tres categorías neste concurso, para alumnado de educación infantil, primaria e secundaria. O gañador de cada categoría recibirá un agasallo, acorde coa súa categoría, relacionado coas artes gráficas.

Os orixinais deberán entregarse no CPI San Vicente ou na casa do concello da Baña antes do 5 de decembro, ven persoalmente ou por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O Concello da Baña utilizará estas postais para felicitar as festas de Nadal 2019.

O xurado estará formado por persoas do ámbito da educación, da plástica e da lingua e o seu fallo será inapelable.

As bases íntegras deste concurso reprodúcense a continuación e tamén se poden consultar no documento adxunto

Bases do I Concurso de postais de Nadal en galego 

  1. Poderán participar todos os nenos e nenas que estean a cursar educación infantil, primaria ou secundaria. 
  2. Todos as postais terán como tema o Nadal en galego.
  3. Presentarase unha soa obra orixinal de deseño gráfico que inclúa unha felicitación en galego 
  4. Cada participante garantirá a veracidade da autoría da postal presentada.
  5. Pola parte de atrás da postal, deberá aparecer o nome e apelidos así como o enderezo e un número de teléfono de contacto.
  6. Para a súa confección poderase usar calquera técnica.
  7. Establécense tres categorías:
  1. Os/as gañadores/as de cada categoría recibirán un agasallo acorde coa súa idade e relacionado coas artes gráficas. 
  2. As postais participantes quedarán en poder do Concello da Baña, serán utilizadas para felicitar o Nadal 2019 e poderán ser reproducidas ou expostas no tempo e no modo que se considere oportuno.
  3. Os orixinais entregaranse no CPI San Vicente ou na casa do concello antes do 5 de decembro en persoa ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
  4. O xurado estará formado por persoas do ámbito da educación, da plástica e da lingua.
  5. O fallo do xurado será inapelable. O xurado poderá declarar desertos algún dos premios se a calidade dos traballos non fose aceptable e valorará a orixinalidade, a creatividade e a calidade lingüística da felicitación incluída en galego.
  6. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. 

 

Attachments:
Download this file (BASES DO I CONCURSO DE POSTAIS NADAL EN GALEGO.pdf)20191104_Bases_concurso_postais_nadal_en_galego[20191104_Bases_concurso_postais_nadal_en_galego]85 kB