20190907 torneo futbol 8 entero fbUn ano máis, O Concello e a SD A Baña organizan o xa tradicional Torneo de Fútbol Base nas categorías benxamín e alevín, baixo a modalidade de fútbol 8. A sexta edición do campionato celebrarase o sábado 7 de setembro no Campo municipal de Cartas e comezará ás 9.00 horas. Os equipos participantes deste ano son as SD A Baña, SD Tordoia, SD Dubra, AD Nicrariense, SD Negreira e os Noia CF e Xallas CF.

O vindeiro sábado 7 de setembro o fútbol convertirase no protagonista indiscutible do Concello da Baña. A SD A Baña, xunto coa colaboración co Concello, organiza un ano máis o seu xa tradicional Torneo de Fútbol Base nas categorías benxamín e alevín, baixo a modalidade de fútbol 8. O lugar da celebración será o Campo municipal de Cartas, igual que en ateriores edicións, do mesmo xeito que tamén comezará ás 9.00 horas.

Nesta ocasión, os equipos que competirán por ser os campións do VI Torneo de Fúbol Base da Baña serán as SD A Baña, SD Tordoia, SD Dubra, AD Nicrariense, SD Negreira e os Noia CF e Xallas CF.