20190724 Cartel Veran TambreMañá, sábado, o Concello da Baña participa no programa ‘Verán no Tambre’, a través do cal se organizan rutas de sendeirismo para percorrer os tesouros do corazón do río Tambre.  Tras as xornadas organizadas este mes en Negreira e Val do Dubra, a ruta que mañá percorrerá A Baña consta de 11 quilíometros pola Ribeira do Tambre, e comeza ás 9 da mañá na Área Recreativa de Fiopáns. 

Os interesados poden inscribirse na caseta de turismo de Negreira (650 796 956) ou na casa do concello bañense (981 886 777).

 A continuación atópase a folla de inscrición.