imprimir
Categoría: Deportes
Visitas: 890

20181010 Cartel Escolas Municipais

O vindeiro luns, 15 de outubro, darán comezo as actividades das Escolas Deportivas Municipais, que este curso 2018-2019 ofrecen oito modalidades diferentes: patinaxe, tenis de mesa, bádminton-tenis-pádel, fútbol sala, baloncesto, baile moderno, pilates e aero-step-zumba. 

As persoas interesadas deberán anotarse no Concello da Baña o antes posible. As tarifas estipuladas son para a tempada completa, aínda que o pago farase de xeito fraccionado en tres prazos: o primeiro este mes de outubro, o segundo en xaneiro e o último, en abril.

A tarifa individual é de 60 euros anuais para unha soa actividade e de 90 euros para dúas ou máis disciplinas.

Hai tamén abonos familiares, que custarán 99 euros anuais para dous membros da mesma familia cunha soa actividade cada un; e de 132 euros cando un dos membros acuda a dúas ou máis das actividades ofertadas.

No caso de que participen nas escolas deportivas tres ou máis membros da mesma familia, os prezos serán de 120 euros (unha actividade cada un) e de 150 euros cando un deses membros se anote a dúas ou máis actividades.

Os horarios pódense consultar nos documentos adxuntos, nos que tamén se poden descargar tanto a ficha de inscrición e datos médicos, como o documento para a domiciliación bancaria da cota. Estes documentos en formato PDF pódense cubrir directamente dende o ordenador ou imprimilos para facelo a man.

20181010 3 Horarios Escolas Deportivas

Attachments:
Download this file (20181010_1_Inscricion_Escolas_Deportivas.pdf)20181010_1_Inscricion_Escolas_Deportivas.pdf[Boletin inscrición ás Escolas Deportivas Municipais 2018-19]192 kB
Download this file (20181010_2_Domiciliacion_ecolas_deportivas.pdf)20181010_2_Domiciliacion_ecolas_deportivas.pdf[Orde domiciliación bancaria inscrición Escolas Deportivas]135 kB
Download this file (20181010_3_Horarios_Escolas_Deportivas.pdf)20181010_3_Horarios_Escolas_Deportivas.pdf[Horarios Escolas Deportivas curso 2018-2019]106 kB
Download this file (20181010_4_Cartel Escolas Deportivas 2018-19.pdf)20181010_4_Cartel Escolas Deportivas 2018-19.pdf[Cartel Escolas Deportivas Municipais 2018-19]1203 kB