imprimir
Categoría: Deportes
Visitas: 1225

As inscricións pódense facer en emesports.es ata o catro de outubro

O pasado ano participaron máis de 250 atletas


20180913 Trail Cartel GrandeO Concello da Baña segue apostando pola organización de carreiras de montaña e o vindeiro 7 de outubro celebrarase o Campagnolo Trail, no que os corredores poderán elixir entre participar na proba longa, de 25 quilómetros, ou na curta, de 17 km. Tamén se celebrará unha andaina sobre unha distancia de dez quilómetros. Para a organización destas probas, a Concellería de Xuventude e Deportes conta coa colaboración do Clube GTraM Val de Barcala (grupo de trail e montaña).

Os atletas percorrerán os montes do concello, nun circuíto de perfil medio-baixo, que permitirá gozar dos fermosos paisaxes da comarca de Barcala.

Os interesados en participar na proba deberán ter máis de 16 anos e inscribirse na web www.emesports.es ata as 23.59 horas do xoves 4 de outubro. O prezo da inscrición é de 15 euros para o trail longo (25 Km), 10 euros para a proba curta (17 km) e de 5 euros para a andaina de 10 km. A andaina celebrarase para atender a demanda de moitos afeccionados. Aínda que non será competitiva, terá certas pautas de pasos e controis.

Para a organización desta proba, a Concellería de Deportes do Concello da Baña conta co patrocinio de CMP Campagnolo, especializada en produtos de roupa e calzado especificamente deseñados para a práctica deportiva. Ademais, o Concello conta coa colaboración de Gráficas Esteiro, Deportes P. Alvite, Talleres Baleato e Coca Cola.

Todos os atletas participantes recibirán como agasallo unha camiseta técnica e, ao finalizar a proba, poderán repoñer forzas nun catering gratuíto. Na zona de meta haberá servizos de fisioterapia para os corredores e tamén unha gardería para aqueles que desexen viaxar ata a Baña acompañados dos seus fillos ou fillas.

Na edición do ano pasado participaron máis de 250 atletas. Pódes ver o vídeo resumo desta competición no canal de Youtube do Concello da Baña e tamén neste enlace

A continuación incluimos as imaxes cos perfiles e percorridos de cada unha das probas do trail.

Percorrido e perfil o trail longo

20180913 Trail Longo Bana perfil

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Percorrido e perfil do trail curto

20180913 Trail Curto Bana perfil