imprimir
Categoría: Deportes
Visitas: 987

O Concello da Baña organiza un ano máis un campamento de verán no albergue de Cabana de Bergantiños no que poderán participar 45 nenos e nenas que teñan entre 8 e 15 anos de idade. Esta actividade desenvolverase do 3 ao 10 de agosto próximos.

Os interesados en participar deberán inscribirse antes do 24 de xullo na Concellería de Cultura e aboar 100 euros. A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición e terán preferencia os solicitantes que estean empadroados na Baña.

A ficha de inscrición pódese descargar no documento adxunto a esta nova. 

Na imaxe que ilustra esta información, os asistentes ao campamento do ano pasado