Cartel Campamentos deportivos 2018

A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos de Verán 2018. Están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos e celebraranse nas instalacións do Centro Calvo Sotelo, na Coruña. Ao Concello da Baña concedéronlle 3 prazas na quenda que vai do 15 ao 20 de xullo. As inscricións están abertas ata o 15 de xuño na casa do concello.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2018

  • Lugar: Instalacións do centro Calvo Sotelo, rúa Archer Milton Huntington, 24, A Coruña.
  • Datas: do 15 ao 20 de xullo de 2018
  • Destinatarios: rapaces/as de entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano
  • Actividades: actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, así como a práctica do fútbol, tenis, voleipraia, baloncesto, aeróbic, baile… e doutras actividades culturais, veladas nocturnas; realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais; visitas a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.
  • Prezo: 85 €
  • Inclúe: transporte interno, estadía e manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades programadas
  • Núm. de prazas: 3 (*)

(*)Teñen preferencia os/as rapaces/as que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. O Concello realizará un sorteo público diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación.

  1. A ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante.
  2. Unha foto tipo carné.
  3. A fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. A fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
  5. A copia de aboamento da cota de inscrición (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
  6. No suposto de que a/o nena/o necesitase ter un tratamento específico ou tivese unha doenza que se deba ter en conta, o xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

 

Organiza: Deputación Provincial da Coruña

Colabora: Concello da Baña