20210717 Andaina Muinos Bana1

Cincuenta persoas participaron esta mañá na primeira Andaina os muíños da Baña, que organizou o Concello e Xestión de Actividades para pomover hábitos de vida saudable e dar a coñecer e poñer en valor entre a veciñanza a riqueza paisaxística do municipio. 

A praza do Concello foi o punto de saída da andaina. Dende aquí, participantes de todas as idades dirixíronse ata Barro, para baixar despois ata o regato de Faílde e ir ao seu carón contemplando a antiga central hidroeléctrica e os muíños, construcións tradicionais hoxe en desuso pero que no seu día tiveron unha gan actividade e importancia para a veciñanza.. 

A camiñada continuou por detrás de San Vicenzo ata a zona de Agra de Chans, para rematar de novo na praza do Concello. A organización contou coa colaboración de Protección Civil de Negreira.

20210717 Andaina Muinos Bana2