Persoas beneficiarias : persoas con fillas ou fillos nacidos entre o 02/01/2012 e o 01/01/2015.

Requisitos:

-Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.

-Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

-Que durante o ano 2013, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

Contía da axuda:

-Primeira filla ou fillo: 360 euros

-Segunda filla ou fillo: 1.200 euros

-Terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400€

Prazo: ata o 7 de outubro de 2015

Información e tramitación: Servizos Sociais do Concello onde estean empadroados.