imprimir
Categoría: Bandos municipais
Visitas: 400

Reunions Alcaldia Parroquias

 

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, vén de cancelar as reunións coa veciñanza da Baña que comezou a manter o pasado mes de xaneiro, para non interferir na campaña das eleccións autonómicas que foron convocadas esta mesma semana. Por este motivo, suspéndese a reunión prevista este venres, día 14, coa veciñanza da Riba. 

En xaneiro, José Antonio Pereira iniciou unha ronda de contactos cos veciños e veciñas da Baña co propósito de promover a participación cidadá no concello, compartir inquedanzas, proxectos e necesidades. A primeira destas reunións celebrouse na parroquia de Suevos, o 31 de xaneiro. Ao día seguinte, 1 de febreiro, mantivo outra xuntanza cos veciños de Cabanas. A seguinte cita estaba prevista para este venres, 14 de febreiro, na Riba, que queda cancelada tras a convocatoria das eleccións autonómicas.