20190308 Día MullerO Concello da Baña conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller sumándose á Declaración Institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Ante a representación de todos os grupos políticos da corporación, A Baña concentrouse hoxe ás 11.00 na Praza do Concello para proceder á lectura da Declaración Institucional da FEMP, mentres que Silvia Capelo levou a cabo unha performance.

O acto de conmemoración do Día Internacional da Muller contou ca axuda das traballadoras do Concello para a lectura da Declaración Institucional da FEMP. Deste xeito cada unha delas leu en voz alta unha parte do escrito para todos os asistentes, entre os que se atopaban membros de todos os grupos políticos do Concello. No transcurso da declaración, a artista local Silvia Capelo levou a cabo a súa performance, que pasará ao recordo por pintar un cadro coa mensaxe “xuntas somos máis fortes”. Finalmente, A Baña comprometeuse a continuar loitando pola igualdade asinando a Declaración Institucional e respetando todos os puntos que recolle. O texto completo atópase a continuación.

20190307 Cortes Carretera Desfile EntroidoO Concello da Baña celebra este sábado, 9 de marzo de 2019, o desfile de carrozas e comparsas de Entroido. As celebracións comezarán as 17.00 horas e están abertas a todas aquelas persoas que desexen participar. O desfile sairá da praza do Concello e dirixirase ata o polideportivo municipal pola rúa Tedelle. Os cortes de tráfico afectarán á Praza do Concello e á rúa Xacinto Rodríguez de 16.30 a 18.00 horas. As inscricións faranse de forma presencial o día do desfile.

Os festexos que pechan o Entroido da Baña comezarán este sábado ás 17.00 horas na Praza do Concello. Para participar é preciso aceptar as bases do concurso e anotarse o mesmo día do evento antes das 16:00 horas na Casa Consistorial, ou no teléfono 981 886 501. Os participantes dividiranse nas categorías de individual, parella, comparsa e carroza. Os gañadores por parellas e individuais, conseguirán 70 euros de premio. No caso das comparsas e as carrozas, o 1º premio será de 400 euros, o 2º de 200 euros, o 3º de 100 euros e o 4º de 75 euros. Repartiranse en total máis de 700 euros.

O xurado estará composto por 3 persoas como mínimo e sempre en número impar. A súa valoración basearase na orixinalidade, elaboración e acabados, adaptación e interpretación da temática escollida polos participantes.

Por outra banda, a cativada poderá gozar das actividades organizadas no polideportivo. Os cortes de tráfico afectarán á Rúa Xacinto Rodríguez dende as 16.30 ata as 18.00 horas.

 

20181026 Carte curso TurismoO Concello da Baña organiza un curso sobre como sentar as bases dun proxecto turístico local. Técnicas da empresa 'Ponle cara al turismo. Turismo comunitario, creativo e industrial' darán as claves do que se debe facer para botar a andar unha empresa local dedicada ao sector turístico.

O curso ten unha duración de dez horas, que se distribúen en tres xornadas: o luns 12 e o martes 13 de novembro, de 17:00 a 20:00 h; e o mércores día 14, de 17:00 a 21:00 h.

O importe da matrícula é de 20€ por persoa e está subvencionado polo Concello da Baña. Para máis información e inscricións, hai que dirixirse á Axencia de desenvolvemento local do Concello da Baña nos teléfonos 981 886 777 ou 981 886 501; ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Un total de 14 persoas participan no curso Como poñer en marcha un proxecto turístico local?, organizado polo Concello da Baña e impartido por Sandra Touza, directora da empresa Ponle cara al turismo. O curso ten unha duración total de 10 horas distribuídas en tres xornadas de traballo, os días 12, 13 e 14 de novembro.

A empresa Ponle cara al turismo aposta por un enfoque diferente ao fomentar un turismo responsable mediante a súa integración na comunidade. A súa directora, Sandra Touza, dará a coñecer os diferentes segmentos de mercado e as novas tendencias turísticas e profundará nas distintas fases dun proxecto, no ciclo de vida dun produto e dun destino turístico.

A través dunha dinámica de traballo en equipo, fomentarase a creatividade e a cooperación para que cada participante, cos coñecementos acadados, sexa quen de presentar seu propio proxecto turístico unha vez finalizada a formación. No curso utilízase o método Lean Startup, axudándose de pezas Lego para fomentar a creatividade e as competencias clave.

20181019 Curso Cociña TradicionalO Concello da Baña, en colaboración con + de 3 Asociación e a UNED Senior, organiza un curso de cociña tradicional galega que ten como principal obxectivo poñer en valor a cultura gastronómica do noso país.

O curso ten unha duración de catro meses (de novembro de 2018 a febreiro de 2019), cun total de 30 horas formativas que se desenvolven en sesións de dúas horas semanais, na vivenda rectoral de San Mamede.

Se ben ten un custo de 50 euros, conta coa subvención do Concello da Baña, polo que o alumnado participante só deberá aboar 15€ en concepto de matrícula.

As prazas son limitadas (15 persoas). Para máis información e inscricións, podes dirixirte á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña nos teléfonos 981 886 777 - 981 886 501.