O prazo de exposición pública do Censo electoral do Concello da Baña será do 3 ao 10 de setembro, na casa do concello, en horario de 9.00 a 14.00 h. Calquera persoa pode presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censuais neste período.

A consulta deberá presentala a persoa interesada que ten que identificarse con algún dos documentos de identificación que, para o acto de votación, indica o artigo 85.1 da Lei electoral (DNI, pasaporte ou permiso de conducir no que apareza a fotografía da persoa titular).

Así mesmo, a cidadanía dispón do teléfono 901 101 900 para solucionar calquera consulta.

APRENDE A CREAR PRESENTACIÓNS, CURSO DE POWERPOINT

Horario: mércores e xoves de 17.00 a 19.00 horas

Data de comenzo: 6 de abril

Apúntate na aula de informática ou no teléfono 981 886 669 (de martes a venres de 16.30 a 20.30 horas ou os sábados de 10.00 a 14.00 horas)

A secretaría xeral presentou o primeiro curso na rede orientado á preparación das probas de certificación de lingua galega.

O curso é voluntario, preparatorio para os exames do Celga 1 e gratuíto.

O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 15 de xullo.

http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1450

 

A Sección Delegada da EOI de Negreira oferta 180 prazas para estudar inglés na súa sede do IES Xulián Magariños.

Os destinatarios son as persoas que teñan cumpridos 16 anos no ano en que comecen os estudos.

Organizaranse 6 grupos que corresponden aos 3 niveis ofertados. Dous grupos do nivel básico 1 (INB1), un grupo do nivel básico 2 (INB2) e dous grupos do nivel intermedio 1 (INNI1).

Para acceder ao nivel intermedio é preciso ter o título de bacharel ou ter superadas as probas de clasificación.

As clases terán unha duración de hora e media, tres días á semana para cada un dos 6 grupos.

O prazo de preinscrición é o que segue:

  • Nivel básico: do 28 de xuño ao 15 de xullo
  • Outros cursos: do 28 de xuño ao 5 de setembro.

As preinscricións formalizaranse en liña a través do seguinte accesowww.eoidigital.com/preinsxunta

Para máis información:

  • Escola Oficial de Idiomas de Santiago, tlf. 981 554 710
  • Concello da Baña (educadora familiar)

Ficheiros: 

ANUNCIO_DA_ALCALDIA_SOBRE_A_CONVOCATORIA_DE_PREINSCRICION_PARA_ESTUDAR_INGLES_NA_SECCION_DELEGADA_DA_ESCOLA_OFICIAL_DE_IDIOMAS_DE_NEGREIRA_PARA_O_CURSO_2010.pdf

ACTIVIDADES NA AULA DE INFORMÁTICA

XULLO 2010

- Powerpoint

- Ortografía e novas tecnoloxías

Horario de verán: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas

Apúntate na aula de informática ou no teléfono 981 886 669

Ficheiros: 

Microsoft_PowerPoint_-_c.pdf