O Concello da Baña facilita a imaxe que deberán publicitar as empresas beneficiarias do PEL Reactiva
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Desenvolvemento local
- Visitas: 934
O Concello da Baña, para dar cumprimento as bases da convocatoria das axudas do PEL Reactiva da Deputación da Coruña, facilita a imaxe que as empresas beneficiarias deberán imprimir e colocar nun lugar visible da empresa para darlle promoción a esta iniciativa.
A imaxe que deben imprimir figura en formato PDF no documento adxunto, e en JPG no encabezado desta nova.
O pasado 20 de xaneiro, o Concello da Baña facía pública a resolución da alcaldía que recolle a relación de subvencións concedidas, desestimadas e denegadas en resposta ás solicitudes recibidas polo consistorio ao abeiro da convocatoria do PEL-Reactiva, plan da Deputación da Coruña para a reactivación económica e social co obxecto de facerlle fronte á crise xerada pola pandemia da covid-19.
A resolución pódese consultar no documento adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Desenvolvemento local
- Visitas: 630
- Mañá, mércores, desenvolverase un webinar gratuíto para aprender a usar esta ferramenta
A Xunta de Galicia habilitou a páxina web Turespazo para que as persoas adicadas á hostalaría en toda Galicia poidan calcular a capacidade máxima dos seus locais e descargar o cartaz co código QR, que obrigatoriamente deberán poñer a disposición da súa clientela a partir do vindeiro venres 5 de marzo.
Para axudarlles a empregar esta ferramenta, Turismo de Galicia programou para mañá, mércores 3 de marzo, un webinar gratuíto no que explicará o funcionamento da web Turespazo e os pasos que deberán dar os hostaleiros para poder calcular o aforo máximo dos locais e facer a descarga dos códigos QR, pois terán que colocar ámbolos elementos no seu establecemento de xeito visible.
O webinar desenvolverase a partir das 11:00 da mañá e terá unha duración de ao redor dunha hora. Participarán no mesmo a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; o responsable da Área de Innovación Turística, Jorge Barreiro Rodas; e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal.
Par participar no webinar é necesario inscribirse na seguinte ligazón, que remite á paxina informativa do mesmo. As dúbidas poderán consultarse directamente a través do chat do webinar.
Nos documentos adxuntos, pódense consultar tamén:
- Manual de uso da páxina web Turespazo.
- Guía rápida da Declaración de capacidade máxima.
- Manual do procedemento da Declaración responsable da capacidade máxima.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Desenvolvemento local
- Visitas: 977
Onte, 23 de decembro, entraron en vigor as novas concesións e liñas do Plan de Transporte Público de Galicia. Isto supón para A Baña un cambio na empresa de transportes que viña prestando o servizo de conexión por bus con Santiago e Negreira, e tamén nas frecuencias e horarios dos autobuses que pasan polo municipio. Os contratos coas novas adxudicatarias terán unha vixencia de dez anos.
Deixamos no arquivo adxunto a información dos autobuses cos que contará A Baña a partir de agora, con paradas e horarios.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Desenvolvemento local
- Visitas: 447
A Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia vén de remitirlle ao Concello da Baña o aviso de que se somete a exposición pública o Catálogo de estradas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Logo da publicación do anuncio no DOG o pasado día 1, o catálogo exporase no Concello ata o 15 de abril para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións ou suxerencias.
O Catálogo que se somete a información pública recolle a clasificación técnica das estradas da rede autonomica, a súa identificación e denominación, os puntos inicial e final de cada un dos treitos que a constitúen e a súa respectiva lonxitude, así como a súa representación gráfica.
A documentación pode consultarse tamén premendo neste enlace.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Desenvolvemento local
- Visitas: 803