imprimir
Categoría: Desenvolvemento local
Visitas: 891

20181019 Curso Cociña TradicionalO Concello da Baña, en colaboración con + de 3 Asociación e a UNED Senior, organiza un curso de cociña tradicional galega que ten como principal obxectivo poñer en valor a cultura gastronómica do noso país.

O curso ten unha duración de catro meses (de novembro de 2018 a febreiro de 2019), cun total de 30 horas formativas que se desenvolven en sesións de dúas horas semanais, na vivenda rectoral de San Mamede.

Se ben ten un custo de 50 euros, conta coa subvención do Concello da Baña, polo que o alumnado participante só deberá aboar 15€ en concepto de matrícula.

As prazas son limitadas (15 persoas). Para máis información e inscricións, podes dirixirte á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña nos teléfonos 981 886 777 - 981 886 501.