imprimir
Categoría: Desenvolvemento local
Visitas: 1113

O alcalde da Baña fixo hoxe público o decreto polo que se aproban as bases reguladoras da convocatoria de selección para a contratación laboral temporal a xornada completa dun/ha socorrista para a campaña de verán na piscina municipal.

Tanto o decreto como as bases poden consultarse nos arquivos adxuntos.

Reproducimos a continuación as bases da convocatoria.

 

“BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE SOCORRISTA NA PISCINA MUNICIPAL DURANTE A CAMPAÑA 2018 ”.
PRIMEIRA.- Obxecto da convocatoria.
A contratación laboral temporal a xornada completa para a campaña de verán, por obra ou servizo, mediante concurso e entrevista persoal ou proba oral, escrita ou práctica se fose necesario, da persoa que executará os servizos seguintes: “REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE SOCORRISTA NA PISCINA MUNICIPAL DURANTE A CAMPAÑA DE VERÁN”.
A contratación realizarase con base á subvención concedida pola Deputación da Coruña, correspondente á campaña de “Socorrismo anualidade 2018” (Resolución nº 2018/21825, BOP nº 119 de 25/06/2018).
Dita contratación realizarase ao abeiro da normativa contida no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e normativa concordante de aplicación.

SEGUNDA.-Condicións dos/as aspirantes.
a) Ser de nacionalidade española ou nacional dun dos estados membros na Unión Europea.
b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 65 anos.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo para o que se opta.
d) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas.
e) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente, referida ao día da formalización do contrato.
f) É obrigatorio estar en posesión do título de Socorrista en salvamento e primeiros auxilios.
g) Copia cotexada da documentación acreditativa da inscripción no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, nos termos regulados no Decreto 104/2012 do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017, de 30 de marzo.

 

TERCEIRA.- Requisitos para a selección.
O Concello da Baña realizará a correspondente convocatoria, mediante a inserción do anuncio da contratación en prensa nun dos periódicos de maior tirada a nivel autonómico.
A Comisión seleccionadora poderá requirir aos/ás solicitantes outro tipo de documentación xustificante dos méritos acadados relacionados coa súa experiencia profesional.

CUARTA.- Comisión seleccionadora.
A Comisión Seleccionadora estará integrada polos seguintes membros:
Presidente/a: Adrián Vázquez Forján, técnico deportivo do Concello da Baña.
Vogais:
- Nagore Pazos Balboa traballadora do Concello da Baña
- Mónica Tomé Rey, Técnica da OMIX do concello da Baña
- María Dolores Landeira Liñares, axente de emprego e desenvolvemento local do Concello da Baña
Secretario: o do concello ou persoa en quen delegue ou legalmente o substitúa..
Non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, sendo preciso en todo caso a asistencia da presidenta e do secretario.
No caso de ausencias xustificadas o Alcalde designará o substituto, publicándose na páxina web ao mesmo tempo que a onvocatoria da pertinente proba.

QUINTA.- Proceso de selección.
A Comisión valorará a documentación presentada polos/as aspirantes con base nos seguintes criterios sinalados:
- Experiencia como socorrista e formación relacionada co posto.
- Entrevista persoal ou proba: A Comisión Seleccionadora poderá realizar aos/ás solicitantes unha entrevista persoal na que se farán preguntas relacionadas coas tarefas a desenvolver no posto de traballo, interese amosado no posto de traballo, experiencia profesional, e outros, así como preguntas relativas ao nivel de coñecementos axeitados ao posto de traballo ao que se aspira.
- Criterios de orde social: No caso de empate, terase en conta a situación económica e social, persoal e familiar dos aspirantes.
A Comisión Seleccionadora poderá ter en conta outro tipo de documentación xustificante dos méritos acadados relacionados coa súa experiencia profesional.
As dúbidas que se susciten serán resoltas pola citada Comisión, que terá a facultade de interpretar estas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

SEXTA.- Formalización do contrato.
A Comisión Seleccionadora proporá ao Sr. Alcalde a contratación daquel/a aspirante que obtivese a maior puntuación.
Dito/a aspirante proposto/a presentará dentro dos dous días hábiles seguintes, e antes das 14:00 horas, os documentos acreditativos que procedan, dos previstos na Base Segunda.
A formalización do contrato realizarase conforme o previsto na lexislación vixente.

SÉTIMA.- Incidencias.
A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolver as dúbidas que se presenten, e para adoptar os acordos necesarios para o bo funcionamento do proceso de selección, en todo o non previsto nestas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.