imprimir
Categoría: Desenvolvemento local
Visitas: 813

A Sección Delegada da EOI de Negreira oferta 180 prazas para estudar inglés na súa sede do IES Xulián Magariños.

Os destinatarios son as persoas que teñan cumpridos 16 anos no ano en que comecen os estudos.

Organizaranse 6 grupos que corresponden aos 3 niveis ofertados. Dous grupos do nivel básico 1 (INB1), un grupo do nivel básico 2 (INB2) e dous grupos do nivel intermedio 1 (INNI1).

Para acceder ao nivel intermedio é preciso ter o título de bacharel ou ter superadas as probas de clasificación.

As clases terán unha duración de hora e media, tres días á semana para cada un dos 6 grupos.

O prazo de preinscrición é o que segue:

As preinscricións formalizaranse en liña a través do seguinte accesowww.eoidigital.com/preinsxunta

Para máis información:

Ficheiros: 

ANUNCIO_DA_ALCALDIA_SOBRE_A_CONVOCATORIA_DE_PREINSCRICION_PARA_ESTUDAR_INGLES_NA_SECCION_DELEGADA_DA_ESCOLA_OFICIAL_DE_IDIOMAS_DE_NEGREIRA_PARA_O_CURSO_2010.pdf